Loaghtan manx
Loaghtan manx | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Exemplares de loaghtan manx en Ramsey, na Illa de Man. | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
En perigo | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Orixe da raza.
|
A loaghtan manx é unha raza de ovellas que ten orixe na Illa de Man. Ás veces tamén se coñece como loaghtyn ou loghtan. A súa pel é de cor marrón escura e a súa característica máis recoñecíbel é que adoita posuír dous pares de cornos e ocasionalmente tres pares.[1]
A loaghtan manx descende dunha raza de ovellas primitivas que no pasado se podían atopar en Escocia, nas Illas Hébridas e nas Illas Shetland. O seu nome provén das palabras en lingua manx lugh dhoan, que significan rato marrón e que describen a cor da ovella. Críase principalmente para a produción de carne, que se considera unha delicia. A súa carne obtivo recentemente o recoñecemento de Denominación de orixe protexida pola Unión Europea.[2]
Nos anos 1950 só quedaban 43 espécimes vivos. Grazas aos esforzos levados a cabo para a súa recuperación, hoxe en día hai arredor de 1.500 femias reprodutoras rexistradas no Reino Unido. Aínda así, séguese a considerar como en risco de desaparición.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Loaghtan Manx". Consultado o 14 de marzo de 2015.
- ↑ Dad.fao.org (ed.). "Loghtan Manx /Reino Unido". Consultado o 14 de marzo de 2015.
- ↑ rbst.org.uk (ed.). "Loaghtan Manx". Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2009. Consultado o 14 de marzo de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Loaghtan manx |
A Galipedia ten un portal sobre: Illa de Man |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web da ovella loaghtan manx Arquivado 21 de abril de 2015 en Wayback Machine.
- BBC: "Farming the Manx Loaghtan sheep"