Locucións galegas sobre o burro
Aparencia
- Artigo principal: O burro na cultura popular galega.
- ¡Alá vai o burro coas noces!: botarse todo a perder.
- Andar cargado coma un burro: dise de quen traballa moito, soportando cargas excesivas.
- Arrancada de cabalo e parada de burro: aplícase a quen comeza calquera asunto con moito entusiasmo pero, por pereza e inconstancia, abandona ó pouco.
- ¡Boa burra mercamos!: indica ironicamente o mal resultado dun negocio.
- Bota-lo burro: remata-lo primeiro en comer ou facer algún traballo. Utilizábase moito nas pullas entre aldeas veciñas presumindo de rematar antes as faenas agrícolas.
- Burro coma un arado.
- Burro e a tanto: emprégase para chamarlle parvo a alguén, e con razón.
- Caer da burra: darse de conta de algo que era evidente.
- Caer de burro: pecar de crédulo, torpe, ser enganado.
- Carrexar como un burro.
- Dar sopas de mel a un burro: obsequiar ou favorecer a un ingrato.
- Escomezar como faco e parar como asno: comezar unha obra con moito ímpeto pero despois deixalo ir.
- Facerlle tanto coma o burro á vaca: ser un inútil. Pode referirse á incapacidade do burro para cubrir unha vaca, ou a que aquel non pode facer parella con esta no arado.
- Falar da morte da burra: cambiar de tema, irse do tema principal da conversa.
- Falso como unha burra: ser traidor.
- Griñir coma os burros: dise a un ignorante que presume de saber moito.
- Írselle a un a burra: escapárselle a un o que debía calar.
- Levar un burro: levar un chasco.
- Máis besta que un burro: indica a máxima ignorancia [1].
- Máis falso que unha burra vella: dise da persoa hipócrita e raposeira.
- Mete-lo burro: avantaxar a outro, adiantarse no traballo. Dise nas faenas agrícolas para sinalar que se rematou o traballo antes que o veciño. Ver bota-lo burro.
- Non morrer de cornada de burro: dise do que non se expón a ningún perigo por pequeno que sexa.
- Non poder dar no burro e dar na albarda: castigar a que non ten culpa por non atreverse co verdadeiro culpable.
- Parecer o burro do paragueiro: andar sempre atrás de alguén.
- Pexar do burro pra que outro o monte.
- Prender na burra: dise dun rapaz cando colle unha rabieta.
- Saírlle a un a burra capada: saír burlado dun empeño, perder nun asunto cando se esperaba o contrario.
- Ser boa burra: dise da persoa que aparenta unha cousa e resulta se-lo contrario
- Ser coma lavarlle a cabeza a un burro (e perder auga, xabón e tempo): facer un traballo inútil tratando de ensinar algo a alguén que se nega a aprender.
- Ser coma o burro do xitano: facer algo cando xa é tarde [2].
- Ser coma a pata dun burro: moi serio. Tamén corre cos verbos estar ou saír.
- Ser como os burros da Limia, que apañan o viño e beben auga: dise dos que queren aforrar demasiado, ser un forrón [3].
- Ser testán coma un burro.
- Ser un burro cargado de letras: cando un presume de saber moito sen base ningunha.
- Ser un burro de carga: dise do home disposto e forte para o traballo, do que leva a parte máis pesada ou do que soporta sen queixa os traballos que se lle encargan.
- Sopas de burro canso/cansado: pan mollado en viño, xeralmente tinto.
- Te-la boca coma un burro: falar de máis pero sen saber o que se di.
- Te-la saúde coma un burro: ¿ter moita saúde?
- Te-las orellas coma un burro: ter as orellas grandes e levantadas.
- Te-lo burro pola corda: ter controlada unha situación, ter autoridade para o que se quere conseguir [4].
- Ter tanto bazo coma un burro morto: ser pachorrento, tranquilo de máis.
- Traballar coma un burro: traballar moito, sen descanso.
- Traballar máis que un burro: traballar moito, sen descanso.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- PEREDA ÁLVAREZ, José María: "Aportaciones léxicas y folklóricas al estudio de la lengua gallega", en Douro Litoral 1953, 5ª série, VII-VIII, pp. 19–52.
- RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo 1958-1961.