Locucións galegas sobre o cabalo
Aparencia
- Artigo principal: O cabalo na cultura popular galega.
- A cabaleiro: montado sobre as costas doutro. Tamén se di ó cabaleiro [1].
- A cabaliño: ver a cabaleiro.
- A cabalo, de cabalo: montando sobre un cabalo [2].
- Agora que ten poldro, parece outro: aplícase ó presumido.
- A uña de cabalo: fuxir a todo correr [2][3].
- Alma de cabalo: dise dunha persoa que fai o mal sen sentir escrúpulos [4].
- Andar polos pés dos cabalos: dise das cousas que son tan baratas que ninguén as aprecia.
- Arrancada de cabalo e parada de burro: dise dos que acometen un traballo con moito ímpeto para abandonalo ó pouco.
- Bailar como un cabalo: dise da muller que brinca máis do debido ó bailar.
- Bate-lo cabalo: ferilo coas esporas para que apure máis.
- Cabalo de batalla: o punto principal dunha controversia, o argumento principal que se repite continuamente [2][5].
- Caer/ cair da súa besta en baixo: Facerse cargo dunha cousa e ceder ante quen sostén o contrario, recoñecendo o erro [6].
- Camiño de ferradura: dise do camiño que resulta apto para andar a cabalo pero non para carros.
- Coma o cabalo do mesquiño, farto de auga, mal mantido e ben corrido: dise de quen é tratado mal, que non se lle dá nada pero que se lle esixe moito.
- Como poldros: dise das persoas inquietas, nada xuízosas, especialmente dos rapaces [7].
- Dar unha no cravo e outra na ferradura.
- Ergue-los candeeiros: bota-las cabalarías as patas traseiras por alto para dar couces.
- Estar a dente como egua galega: pasar fame e penalidades.
- Ida sen volta, coma os poldros á feira.
- Levar ás cabaliñas/ ó cabalete: levar sobre os ombros.
- No cabalo de san Francisco: a pé; corre cos verbos andar, ir, etc.[2].
- Non deixarse ferrar sen aceal: dise do que non obedece, ou das mozas que non se deixan meter man.
- Non ser besta cega: dise de quen non ten un pelo de parvo [8].
- Ó cabaleiro, ó cabaliño: ver a cabaleiro.
- Ollos de cabalo: ollos saíntes e empenados.
- Pasar de cabalo regalado a cabalo barrufeiro: dise cando se cae da prosperidade á desgraza [2].
- Pasar [algo a alguén] por vez coma o fachuco ao cabalo: pasar unha cousa por outra sen que valla o mesmo, servir unha cousa por outra, conformarse cunha cousa peor da que se esperaba.
- Sempre foi un besta!: dise de quen é un groseiro, rudo, burrán [8].
- Ser unha besta negra: dise da persoa ou cousa que constitúe a principal dificultade para algo [9].
- Ser máis besta que un burro: indica a ignorancia en grado sumo.
- Ser unha besta brava/ ser unha besta do monte: dise da persoa groseira e ruda.
- Ser unha moza como unha poldra.
- Sopas de cabalo canso/cansado: pan mollado en viño, xeralmente tinto.
- Ter forza coma un cabalo.
- Ter un cabalo no pescozo: sufrir unha contractura no pescozo [10]. Tamén, ter un cabaleiro.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. cabaleiro.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Eladio Rodríguez González, s. v. cabalo.
- ↑ Real Academia Galega 1913, s. v. cabalo.
- ↑ Juan Sobreira Salgado: Papeletas.
- ↑ Real Academia Galega 1913.
- ↑ Juan Sobreira Salgado: Papeletas. No orixinal: Caer ou cair da sua besta en bayxo.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. poldro.
- ↑ 8,0 8,1 Eladio Rodríguez González, s. v. besta.
- ↑ Real Academia Galega: Dicionario.
- ↑ Constantino García González.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- GARCÍA GONZÁLEZ, Constantino: Glosario de voces galegas de hoxe, Verba, anexo 27, Universidade de Santiago 1985.
- REAL ACADEMIA GALLEGA: Diccionario gallego-castellano, 1913-1928.
- RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo 1958-1961.
- SOBREIRA, Juan: Papeletas de un diccionario gallego (1792-1797), ed. de J. L. Pensado Tomé, Instituto de Estudios Orensanos, Ourense 1979.