Loewe
Loewe | |
---|---|
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1846 |
Matriz | LVMH |
Localización | Palacio de Miraflores, Carrera San Jerónimo 15 28014 Madrid España |
Fundador | Enrique Loewe Roessberg |
Persoas clave | Enrique Loewe Lynch (presidente de honra) Stuart Vevers (Director) Pascal Lepoivre (conselleiro delegado) |
Industria | Téxtil, coiro |
Produtos | Roupa e complementos |
Beneficio | 61,3 millóns de € (2012) |
Número de empregados | 1.100 (2012)[1] |
Na rede | |
http://loewe.com, http://www.perfumesloewe.com e https://www.loewe.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Loewe ([lo'eβe]) é unha marca de roupa, coiro e complementos de luxo fundada en 1846 en Madrid polo artesán Enrique Loewe Roessberg orixinario de Kassel, actualmente é propiedade do grupo francés LVMH (Louis Vuitton Moët Hennessy).
Historia
[editar | editar a fonte]Loewe naceu en 1846 nun obradoiro de marroquinería situado na rúa Lobo (posteriormente rúa Echegaray), no centro de Madrid. En 1872 o artesán alemán Enrique Loewe Roessberg chegou a Madrid e asociouse co taller, e comezou a traballar alí. En 1892 Loewe instalouse na rúa Príncipe de Madrid, acadando gran sona. En 1905 o rei Afonso XIII deulle o título de provedor da Casa Real. En 1910 abriu tenda en Barcelona.
En 1945 o deseñador Pérez de Rozas creou modelos de bolsos en boxcalf, que pronto pasaron a ser os grandes clásicos da marca. En 1959 Loewe inaugurou unha tenda na rúa Serrano de Madrid, que modificou por completo a imaxe dos establecementos de artigos de luxo. En 1963 empezou a expansión internacional de Loewe, que abriu tenda en Londres.
En 1980 entrou no accionariado da empresa o grupo Rumasa, mercando accións a herdeiros de Loewe de Barcelona, debido ás diferenzas entre a familia de Barcelona e a de Madrid, que controlaban entre ambas o 51 % da empresa. Rumasa mercou entre un 25 % ou 30 % ata acadar a maioría do accionariado por sucesivas mercas de accións. Cando Rumasa foi expropiada tiña o 66 % da empresa polo que pasou a estar controlada polo Estado Español[2]. En 1996, coincidindo cos 150 anos da marca, foi mercada por LVMH.
O 14 de marzo de 2012 saíu unha polémica campaña da colección "Oro" con Luis Venegas como director creativo e como protagonistas presuntos mozos "modernos" fillos de coñecidos.
Tendas
[editar | editar a fonte]Loewe ten 29 tendas propias en España, dez establecementos para home e sete de muller. A nivel internacional ten 125 tendas propias e 50 puntos de venda en aeroportos e outro cento de tendas multimarca[3].
En 2012 pechou a súa tenda na Coruña, a única que tiña en Galiza, trasladándose a unha pequena tenda en El Corte Inglés da rúa Ramón y Cajal. A principios de 2018 pechou definitivamente.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Loewe pierde a su director creativo, Stuart Vevers, que ficha por Coach moda.es
- ↑ "La familia fundadora quiere recuperar Loewe", artigo de Pilar Bonet en El País, 8 de maio de 1983 (en castelán).
- ↑ Loewe, artigo en La historia de la publicidad (en castelán).
- ↑ "Cuatro Caminos espera recambio para los tres locales cerrados", artigo en La Voz de Galicia, 13 de febreiro de 2018.