Saltar ao contido

Lois Filipe de Braganza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLois Filipe de Braganza

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de marzo de 1887 Editar o valor en Wikidata
Palácio Nacional de Belém, Portugal Editar o valor en Wikidata
Morte1 de febreiro de 1908 Editar o valor en Wikidata (20 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaIgrexa de São Vicente de Fora Editar o valor en Wikidata
Rexente
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloInfante de Portugal (pt) Traducir
Conde de Barcelos (pt) Traducir
Príncipe Real de Portugal
Duque de Barcelos (pt) Traducir
Príncipe da Beira
Duque de Bragança Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Bragança Editar o valor en Wikidata
PaisCarlos I de Portugal Editar o valor en Wikidata  e Amélia de Orleães Editar o valor en Wikidata
IrmánsManuel II de Portugal
Infanta Maria Anna of Portugal Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Find a Grave: 244133865 Editar o valor en Wikidata

Lois Filipe I,[1] Duque de Braganza, bautizado co nome de Luís Filipe Maria Carlos Amélio Fernando Victor Manuel António Lourenço Miguel Rafael Gabriel Gonzaga Xavier Francisco de Assis Bento de Saxonia-Coburgo-Gotha Bragança, nado en Lisboa o 21 de marzo de 1887, foi fillo do rei Carlos I e da raíña Amelia de Orleáns.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Exerceu notablemente a rexencia do país durante un breve e transcendental período de tempo en 1907, debido á viaxe do seu pai, en visita protocolar ao estranxeiro. Nese mesmo ano, e por primeira vez para un príncipe portugués desde Xoán VI, realizou unha viaxe oficial ás colonias, neste caso as africanas, visita que tivo un grande impacto no seu momento.

Lois Filipe, coñecedor das ameazas de morte ao seu pai, ía sempre armado cun revólver, para defenderse cando fose preciso, xurando sempre que o matarían a el antes que permitir que lle pasase nada ao seu pai.

Lois Filipe estaba co seu pai e o resto da familia real o 1 de febreiro de 1908, o día do rexicidio. Carlos I foi cribado no medio dunha multitude por fanáticos republicanos, pertencentes á organización terrorista Carbonaria, morrendo no acto, mentres que Lois foi ferido de gravidade e o seu irmán máis novo, Manuel, foi alcanzado nun brazo. Aínda que foi atendido polos doutores, Lois morreu vinte minutos máis tarde.

Ao non contemplarse na monarquía portuguesa a sucesión automática, Lois nunca foi rei, a pesar de sobrevivir ao seu pai. Tras as súas mortes, a coroa portuguesa foi herdada polo seu irmán Manuel II, que se converteu no último rei de Portugal, destronado pola revolución republicana dous anos despois, o 5 de outubro de 1910.

  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-12-07. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
María II de Portugal
 Príncipe da Beira 
Sucesor:
Duarte Pio de Braganza
Predecesor:
Carlos I de Portugal
 Duque de Braganza 
Sucesor:
Miguel II de Braganza
Predecesor:
Carlos I de Portugal
 Príncipe Real de Portugal 
Sucesor:
D. Afonso, Duque do Porto