Saltar ao contido

Lois Taboada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLois Taboada
Biografía
Nacemento(gl) Luis Taboada Camoeiras Editar o valor en Wikidata
18 de marzo de 1918 Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Morte19 de agosto de 2010 Editar o valor en Wikidata (92 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, político Editar o valor en Wikidata

Luis Taboada Camoeiras, nado en Ourense o 18 de marzo de 1918 e finado en Vigo o 19 de agosto de 2010, foi un mestre e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Durante a ditadura de Primo de Rivera realizou os estudos primarios na Escuela Laica Neutral que dirixía Hipólito Sinforiano Luengo. Con 11 anos ingresou na Academia General dirixida por Manuel Sueiro Iglesias. En 1935 ingresou na Escola Normal de Ourense para realizar os estudos de Maxisterio, na quinta promoción do Plan Profesional republicano de 1931. Afiliado ás Mocedades Galeguistas, colaborou en Espartaco. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi denunciado e detido. Forzado a incorporarse ao exército rebelde, combatiu na gurra civil. Ao rematar a guerra volveu á Escola Normal para rematar Maxisterio. Foi mestre en Boimorto (Vilamarín), en Bouzas até 1975 e no Colexio Público nº 1 das Lagoas (Ourense). Foi elixido vogal da directiva da Agrupación Cultural Auriense en abril de 1971.[1] Coa restauración da democracia militou no Partido Galeguista e posteriormente no Partido Galeguista Demócrata. Finou en Vigo o 19 de agosto de 2010.[2]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Socorro Blanco Novo e foi pai de José Manuel Taboada Blanco.

  1. La Región, 16-4-1971, p. 12.
  2. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 20-8-2010, p. 47.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]