Lola Beccaria
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1963 (60/61 anos) Ferrol, España |
Actividade | |
Ocupación | escritora, novelista |
Participou en | |
19 de xuño de 2002 | Manifesto contra a morte do espírito e da terra |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
María Dolores Beccaria Cigüeña, máis coñecida como Lola Beccaria, nada en Ferrol en 1963, é unha escritora galega en lingua castelá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É doutora en filoloxía hispánica e terapeuta Gestalt polo Centro de Terapia e Psicoloxía de Madrid (CTP). Traballou na Real Academia Española como lexicógrafa e lingüista, e actualmente desempeña o seu labor no departamento de consultas lingüísticas. Ademais, colabora como crítica literaria no suplemento cultural ABCD do xornal ABC.
Descubriu e editou unha comedia perdida de Lope de Vega, El otomano famoso (Editorial Áltera, 1996). Foi finalista do Premio Nadal no ano 2000 coa súa novela La Luna en Jorge, e en febreiro de 2009 conseguiu o premio Azorín por El arte de perder[1]
Novelas
[editar | editar a fonte]- La debutante (1996) [2]
- La Luna en Jorge (2000). Finalista do Premio Nadal
- Una mujer desnuda (2004)
- Mariposas en la nieve (2006)
- El arte de perder (2009, pendente de publicación). Premio Azorín 2009.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lola Beccaria gana el Premio Azorín con la novela 'El arte de perder', El País, 27/2/09
- ↑ En 2004 foi incluído na Biblioteca Gallega de Autores en Castellano de La Voz de Galicia
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cuevas-Morales, S. (2003): Diccionario universal bio-bibliográfico de autoras que escriben en castellano. Siglo XX. Madrid: Aconcagua Publishing. Páx. 61.