Xoio
Xoio | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Lolium temulentum' L. |
O xoio, lerica ou tarela[1] (Lolium temulentum), é unha planta anual pertencente á familia das Gramíneas e ao xénero Lolium.
Descrición
[editar | editar a fonte]
Gramínea de inflorescencia simple e longa. As espiguiñas sentadas, están dispostas de xeito alterno, unha a seguir da outra a cada banda do talo. Diferénciase este Lolium doutros pola forma (oval non lanceolada), tamaño e consistencia das glumelas; tamén porque a gluma é case tan longa como a espiguiña. Tamén é característico desta planta a presenza dunha argana (aresta), bastante longa e visíbel a simple vista, na glumela das flores basais, aínda que non sexa un carácter fixo.[2]
De talo rexo, pode medrar até 1 metro de altura, con inflorescencias na espiga e gran de cor violácea.
Adoita medrar nas mesmas zonas produtoras de trigo considerándose unha herba daniña desa cultura. A semellanza entre estas dúas plantas é tan grande, que nalgunhas rexións díselle ao xoio "falso trigo".
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Cosmopolita e subcosmopolita. Terófito. Atópase en leiras e nas beiras dos camiños. Herba daniña dos cultivos.
- Bromus temulentus (L.) Bernh.
- Craepalia temulenta (L.) Schrank
- Lolium arvense With.
- Lolium giganteum Roem. & Schult.
- Lolium maximum Willd.
- Lolium speciosum Stev. ex M.Bieb.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nomes vulgares galego en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004
- ↑ Lolium temulentum en Herbario virtual
- ↑ "Xoio". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 4 de marzo de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xoio ![]() |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Xoio |