Saltar ao contido

Longa Marcha 11

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Longa Marcha 11 / Chang Zheng-11 (CZ-11)
FunciónLanzador espacial lixeiro
fabricanteCALT
país de orixeRepública Popular da China
Tamaño
altura20,8 m
diámetro2,0 m
masa58.000 kg
Etapas4
Carga LEO
masa700 kg
Carga Órbita heliosíncrona
masa350 kg
foguetes derivados
FamiliaLonga Marcha
Lanzamento históricos
EstadoOperativo
SitiosCentro de lanzamento de Jiuquan
Total de lanzamentos4
exitosos4
fallos0
Voo inaugural25 de setembro de 2015
editar datos en Wikidata ]


Longa Marcha 11 (Chang Zheng 11 en pinyin, abreviadamente CZ-11) é o nome dun modelo da familia de foguetes Longa Marcha.

Características

[editar | editar a fonte]

O Longa Marcha 11 é un foguete propulsado por propelente sólido, de pequeno tamano e pensado para poder ser despregado con rapidez. Foi desenvolvido polo CALT co obxectivo de dispoñer dun lanzador sinxelo e barato de operar e que poida permanecer almacenado longos períodos de tempo ata que se o necesite. Está composto por catro etapas, todas de propelente sólido. Barállase a posibilidade de que se desenvolvera a partir do mísil DF-31, e como tal lánzase desde un tubo montado no remolque dun transporte móbil. Pode usar cofias de 1,6 e 2,0 m de diámetro e é capaz de poñer en órbita ata 700 kg de carga nunha órbita baixa e 350 kg nunha órbita heliosincrónica. Foi lanzado con éxito por primeira vez o 25 de setembro de 2015.


Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Voo Data Rampla de lanzamento Carga Resultado Notas
1 25 de setembro de 2015 Centro de lanzamento de Jiuquan Pujian 1 / Shangkeda 2 / NJUST 2 / NJFA 1 Éxito Primeiro voo dun CZ-11.
2 9 de novembro de 2016 Centro de lanzamento de Jiuquan XPNAV 1 / Xiaoxiang 1 / Lishui 1-01 / Pina-2 01 / Pina-2 02 / CAS 2T e KS 1Q Éxito
3 19 de xaneiro de 2018 Centro de lanzamento de Jiuquan Jilin-1 Video-07 / Jilin-1 Video-08 / TY 2 / TY 6 / KIPP / Zhou Enlai Éxito
4 26 de abril de 2018 Centro de lanzamento de Jiuquan OVS 2A / OHS 2A / OHS 2B / OHS 2C / OHS 2D Éxito
5 21 de decembro de 2018 Centro de lanzamento de Jiuquan Hongyun 1 Éxito
6 21 de xaneiro de 2019 Centro de lanzamento de Jiuquan Jilin-1 Hyperspectral 1 / Jilin-1 Hyperspectral 2 Éxito
7 5 de xuño de 2019 Buque oceánico Jilin-1 High Resolution 03A / Xiaoxiang 1-04 / Bufeng 1A / Bufeng 1B / Tianqi 3 / Tianxiang 1 / Tianxiang 2 Éxito Primeiro lanzamento desde un buque dun CZ-11.
8 18 de setembro de 2019 Buque oceánico Zhuhai-1 OVS 3A / Zhuhai-1 OHS 3A / Zhuhai-1 OHS 3B / Zhuhai-1 OHS 3C / Zhuhai-1 OHS 3D Éxito
9 29 de maio de 2020 Centro de lanzamento de Xichang XJS G / XJS H Éxito
10 15 de setembro de 2020 Buque oceánico Jilin-1 Gaofen-03B-01 a 03B-06 / Jilin-1 Gaofen-03C-01 a 03C-03 Éxito
11 9 de decembro de 2020 Centro de lanzamento de Xichang GECAM A / GECAM B Éxito
12 30 de marzo de 2022 Centro de lanzamento de Jiuquan Tianping 2A, 2B e 2C Éxito
13 30 de abril de 2022 Buque oceánico Jilin-1 Gaofen-04A e Jilin-1 Gaofen-03D-04 a 03D-07 Éxito
14 30 de abril de 2022 Buque oceánico Jilin-1 Gaofen-04A e Jilin-1 Gaofen-03D-04 a 03D-07 Éxito
15 16 de decembro de 2022 Centro de lanzamento de Xichang SY 21 Éxito
16 15 de marzo de 2023 Centro de lanzamento de Jiuquan SY 19 Éxito
17 25 de decembro de 2023 Borun Jiuzhou SY 24C-1, SY 24C-2 e SY 24C-3 Éxito Variante CZ-11H
  • Mark Wade (2018). "Chang Zheng 11" (en inglés). Consultado o 7 de outubro de 2018. 
  • Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "CZ-11 (Chang Zheng-11)" (en inglés). Consultado o 7 de outubro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]