Saltar ao contido

Longa noite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Longa noite
Ficha técnica
Título orixinalLonga noite
DirectorEloy Enciso
ProdutorBeli Martínez
GuiónEloy Enciso
IntérpretesMisha Bies Golas
Nuria Lestegás
Celsa Araújo
Verónica Quintela
Manuel Pumares
Suso Meilán
FotografíaMauro Herce
EstudioFilmika Galaika
DistribuidoraNUMAX Distribución
EstreaFestival Internacional de Cinema de Locarno: 14 de agosto de 2019
Duración93 minutos
OrixeGalicia Galicia
XéneroDrama
Recadación21.718,10 €[1]
Na rede
IMDB: tt10660156 Filmaffinity: 728244 Editar o valor en Wikidata

Longa noite é un filme galego dirixido por Eloy Enciso. Estreouse na sección oficial do Festival Internacional de Cinema de Locarno o 14 de agosto de 2019.

O filme está baseado en textos de escritores como Max Aub, Luís Seoane, Alfonso Sastre, Ramón de Valenzuela, Jenaro Marinhas del Valle, José María Aroca, Ángeles Malonda ou Rodolfo Fogwill.[2]

Logo da guerra civil española, Anxo regresa á súa vila natal nunha zona rural de Galicia. Alí atópase cos gañadores e cos vencidos da guerra: unha viúva que non quere lembrar, un comerciante que emigra, un prisioneiro republicano. A entrega dunha carta obriga a Anxo a cruzar a fronteira e adentrarse na longa noite franquista.

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
Ano Cerimonia Categoría Galardoado Resultado
2020 18ª edición dos Premios Mestre Mateo Mellor filme Eloy Enciso Nomeado
Dirección de produción Beli Martínez Nomeado
  1. Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de Longa Noite". Consultado o 8 de marzo de 2020. 
  2. "‘Longa noite’ – estreno en cines 5 de diciembre". Audiovisual 451. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]