Lorena González Guerrero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de xaneiro de 1989 (35 anos) Cacabelos, España |
Procuradora nas Cortes de Castela e León | |
16 de xuño de 2015 – Lexislatura: 9th Cortes of Castile and León (en) Circunscrición electoral: León (en) | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Salamanca |
Actividade | |
Ocupación | política, mestra |
Partido político | Podemos |
Movemento | Feminismo |
Lorena González Guerrero, nada en Cacabelos o 30 de xaneiro de 1989, é unha política berciana de Podemos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou maxisterio na Universidade de Salamanca e logo traballou en Madrid[1] e foi activista de Marea Verde[2]. Entrou en Podemos dende os comezos da formación e no Consello Cidadán de Ponferrada foi responsable de igualdade. Foi procurada nas Cortes de Castela e León de 2015 a 2019. Dende 2017 é secretaria de acción institucional de Podemos Castela e León. Nas eleccións municipais de 2019 encabezou[3] a candidatura de Podemos ao concello de Ponferrada e tras entrar na corporación municipal a súa forza política acadou un acordo de goberno co PSOE e Coalición por El Bierzo polo que ela asumía a concellería de benestar social, infancia e igualdade.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Los bercianos Plácido Martínez, Lorena González y Javier Voces presentan su candidatura ‘En Castilla y León, Podemos’". Info Bierzo. 24 de marzo de 2015.
- ↑ "Los 7 hombres y 6 mujeres que gobernarán Ponferrada". Bierzo Diario. 6 de xuño de 2019.
- ↑ "Podemos integra en su lista para Ponferrada al presidente del comité de empresa en la central de Compostilla". Info Bierzo. 27 de abril de 2019.