Saltar ao contido

Lorenzo Mattotti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLorenzo Mattotti

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de xaneiro de 1954 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Brescia, Italia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónartista de banda deseñada, ilustrador, director de cinema Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteArquivos biográficos da biblioteca e museo Billy Ireland Cartoon
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webmattotti.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0560434 Allocine: 144490
BNE: XX1104509 Discogs: 2302636 Editar o valor en Wikidata

Lorenzo Mattotti nado en Brescia, Lombardía, o 24 de xaneiro de 1954, é un debuxante de banda deseñada, artista gráfico e ilustrador italiano.[1] No ámbito da banda deseñada, Mattotti gañou un premio Eisner en 2003 polo seu "Doutor Jekyll e Mr. Hyde", mentres que as súas ilustracións foron publicadas en revistas como Cosmopolitan, Vogue, Newyorker, Le Monde ou Vanity Fair. Recibiu o Premio Inkpot, o Gran Premio da Bienal de Ilustración de Bratislava, o Premio Eisner e o Gran Guinigi.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou arquitectura cando era novo, pero non rematou o curso. Despois dunhas bandas tradicionais conseguiu o seu propio estilo. Il Signor Spartaco foi o seu primeiro cómic realizado dese xeito. A historia céntrase en torno aos soños dun pasaxeiro do tren, cunhas formas e cores novidosas, e coa completa ausencia de aventura.[2]

O seu debut como director foi nun segmento da antoloxía de terror animada Fear(s) of the Dark.[3] A súa primeira longametraxe é La famosa invasione degli orsi in Sicilia. A película é unha adaptación animada dun libro do mesmo título de Dino Buzzati.[4]

Mattotti inspírase principalmente en pintores, músicos, escritores e directores de cine. Para el, a relación entre texto e imaxe debería ser a mesma que con texto e música. Os dous deben enriquecerse.

Desde 1986, Mattotti consolidouse como mestre da cor. Porén, sorprendeu ao seu público con algunha obra en branco e negro, como unha novela autobiográfica en 1992 feita xunto coa súa ex-muller Lilia Ambrosi, na que utiliza debuxos a pluma.

No mesmo ano, en Caboto fixo un cómic que para conmemorar o 500 aniversario do descubrimento de América, conta as aventuras do explorador X. Caboto no Río da Prata, cun guión do arxentino Jorge Zentner. En Stigmates (1998) volveu ao branco e negro para narrar a tráxica vida dun borracho que esperta un día con estigmas, adaptada ao cine por Adán Aliaga en 2007.

Banda deseñada

[editar | editar a fonte]
  • Il Signor Spartaco (1982)
  • Incidenti (1984)
  • Fuegos (1986)
  • Labyrinthes (1988)
  • Murmur (1989)
  • Doctor Nefasto (1989, con Jerry Kramsky)
  • Caboto (1992, con Jorge Zentner)
  • L'Uomo alla Finestra (1992, con Lilia Ambrosi)
  • L'Arbre du Penseur (1997)
  • Stigmate (1998, con Claudio Piersanti)
  • Dr Jekyll & Mr Hyde (2002, con Jerry Kramsky)
  • El rumor de la escarcha (2003, con Jorge Zentner)
  • Ghirlanda (2018, con Jerry Kramsky)

Portafolios-Libros

[editar | editar a fonte]
  • Ligne Fragile (1999)
  • Posters (2002)
  • Angkor: Drawings Pastels Watercolors (2003)
  • La Chambre (2004)
  • Carnevale. Colori e movimenti (2007)
  • Chambres/Rooms/Stanze (2010), #logosedizioni
  • The Crow (2010), Alfabia, con Lou Reed
  • Venezia. Scavando nell’acqua (2011), #logosedizioni
  • Mattotti Works 1: Pastels (2012), #logosedizioni
  • Oltremai (2013), #logosedizioni
  • Mattotti Works 2: Fashion (2014), #logosedizioni
  • Vietnam (2014), Louis Vuitton Travel Books
  • Blind (2017), #logosedizioni (en colaboración con CBM Italia Onlus)
  • Portadas para The New Yorker (2018), #logosedizioni

Longametraxe

[editar | editar a fonte]

Animación:

  • Fear (s) of the Dark segmento (2007)
  • La famosa invasione degli orsi in Sicilia (2019) Francia
  1. Luque, Alejandro (2020-05-29). "Lorenzo Mattotti: «Italia es un país maravilloso lleno de locos»". M'Sur (en castelán). Consultado o 2023-08-08. 
  2. "Il signor Spartaco: viaggio di un epicentrico - Letteratura". Rai Cultura (en italiano). Consultado o 2023-08-08. 
  3. "descriptions". www.primalinea.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2009. Consultado o 08 de agosto de 2023. 
  4. "The Bears' Famous Invasion of Sicily by Dino Buzzati". www.publishersweekly.com. Invalid date. Consultado o 2023-08-08.