Lost Boys of Sudan
Aparencia
Lost Boys of Sudan | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Lost Boys of Sudan |
Director | Megan Mylan Jon Shenk |
Produtor | Megan Mylan Jon Shenk |
Fotografía | Jon Shenk |
Montaxe | Mark Becker Kim Roberts |
Estrea | 2003 |
Duración | 87 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Documental |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Lost Boys of Sudan é un filme documental estadounidense de 2003 dirixido por Megan Mylan e Jon Shenk. Conta a historia de dous rapaces dinka orixinarios do Sudán, Santino Majok Chuor e Peter Nyarol Dut, que chegan ós Estados Unidos de América por mor da guerra civil do seu país. Os dous rapaces quedaron orfos pola segunda guerra civil sudanesa e sobreviviron ataques de leóns e da milicia até chegar a un campo de refuxiados en Kenya, xunto con milleiros doutros nenos.[1]
O título do documental "Lost Boys of Sudan" foi orixinalmente o nome dado ó grupo de mozos polos traballadores das Nacións Unidas que controlaron a súa fuxida dende o Sudán.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Lost Boys of Sudan :: About The Film". Lostboysfilm.com. Consultado o 4 de agosto de 2016.
- ↑ Lostboysfilm.com (ed.). "Lost Boys of Sudan :: Learn / Teach". Consultado o 4 de agosto de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Lost Boys of Sudan na IMDb (en inglés).