Lot in Sodom
Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Lot en Sodoma | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Lot in Sodom |
Director | Sibley Watson Melville Webber |
Produtor | Remsen Wood Alec Wilder Melville Webber James Sibley Watson Bernard O'Brien |
Intérpretes | Friedrich Haak Hildegarde Watson Dorthea House Lewis Whitbeck |
Música | Louis Siegel |
Fotografía | James Sibley Watson |
Estrea | 1933 |
Duración | 28 min. |
Orixe | Estados Unidos |
Na rede | |
Lot in Sodom (Lot en Sodoma) é unha curtametraxe estadounidense muda de 28 minutos de duración, rodada en 1933, dirixida por James Sibley Watson e Melville Webber.
Argumento
[editar | editar a fonte]Lot recibe na súa casa a visita dun anxo que acolle como hóspede na súa casa. Lot reside na cidade israelí de Sodoma, a cidade do pecado. Os seus habitantes, que teñen estabelecido unha especie de dereito de pernada con todo visitante forasteiro, queren ter relacións sexuais co anxo, pero Lot négase a cederllo aos seus veciños. Lot ofrece ás súas fillas e esposa como sacrificio ao seus veciños, para que cumpran con elas, pero estes, tras acceder ao ofrecemento de Lot, seguen empeñados en querer ter sexo co forasteiro.
O anxo dilles a Lot e á súa familia que fuxan da cidade, porque esta vai ser destruída polas chamas e que na súa fuxida, non miren para atrás. Mentres Sodoma é destruída, a dona de Lot, convértese en estatua de sal, por non lle ter seguido a instrución do anxo de non mirar atrás, dando a entender, nisto, que sentía certa saudade de Sodoma.