Louis Botha
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de setembro de 1862 ![]() Greytown, Suráfrica (en) ![]() ![]() |
Morte | 27 de agosto de 1919 ![]() Pretoria, Suráfrica ![]() |
Causa da morte | gripe de 1918 gripe ![]() |
![]() ![]() | |
← sen valor – Jan Christiaan Smuts → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Partido político | South African Party (en) ![]() ![]() |
Carreira militar | |
Rango militar | Xeneral ![]() |
Conflito | Segunda guerra bóer Primeira guerra mundial ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Annie Botha ![]() |
Pai | Louis Botha ![]() |
Irmáns | Christiaan Botha ![]() |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Enciclopedia militar Sytin ![]() |
![]() |

Louis Botha, nado o 27 de setembro de 1862 e finado o 27 de agosto de 1919, foi un afrikaner e o primeiro en ser Primeiro Ministro no moderno estado de Suráfrica, entón chamado Unión Surafricana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi membro do parlamento do Transvaal in 1897, representando ao distrito de Vryheid. Dous anos máis tarde foi feito xeral na segunda guerra anglo-bóer, loitando con impresionante capacidade en Colenso e Spion kop. Á morte de P. J. Joubert, foi nomeado Comandante en Xefe das forzas bóers de Transvaal, onde demostrou as súas habilidades novamente en Belfast-Dalmanutha. Logo da caída de Pretoria, conduciu unha concentrada campaña de guerrilla contra os británicos xunto con Koos de la Rey e Christiaan de Wet.
Despois traballou para alcanzar a paz cos británicos, representando aos Bóers nas negociacións de paz en 1902. O seu cartapacio de guerra tornouno nun prominente home na política de Transvaal e foi un actor principal na reconstrución de posguerra da súa terra, chegando a Primeiro Ministro de Transvaal o 4 de marzo de 1907. En 1911, xunto con outro heroe guerreiro Bóer, Jan Smuts, formou o Partido Surafricano, ou SAP. Amplamente visto como moi conciliador cos británicos, Botha enfrontou revoltas desde dentro do seu propio partido e da oposición do Partido Nacional de James Barry Munnik Hertzog. Cando Suráfrica alcanzou o status de dominio en 1910, Botha foi o primeiro Primeiro Ministro da Unión Surafricana.
Logo do comezo da primeira guerra mundial, enviou tropas para tomar a África do Suroeste Alemá (véxase: Campaña de África do Suroeste), unha impopular medida entre os Bóers, que provocou a Revolta dos Bóer.
Cara ao final da guerra conduciu brevemente unha misión militar británica a Polonia durante a Guerra Polaco-Soviética. Sostivo que os termos do Tratado de Versalles eran moi duros para as Potencia Centrais, aínda que subscribiu igualmente o tratado.