Louis Vuitton
Louis Vuitton Malletier, fundada en 1854 por Louis Vuitton, é unha empresa francesa de marroquinería de luxo especializada en artigos de viaxe, que vende a través de boutiques independentes, departamentos en almacéns de alta gama e a través da súa páxina web.[1] Dende a entrada de Marc Jacobs na compañía, posúe tamén coleccións de prêt-à-porter e complementos de luxo. En 2017, a súa valoración de marca foi de 29 242 millóns de USD, o que fai que sexa a marca de luxo mais valiosa do mundo segundo a clasificación de BrandZ. É o principal patrocinador da Copa América. Posúe 445 tendas en 62 países.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]En 1937, aos 16 anos, Louis Vuitton múdase a París, procedente dunha pequena vila francesa situada nos límites con Suíza, buscando maiores oportunidades para traballar e saír adiante.
Por aquela época os medios de transporte mais comúns eran as carrozas tiradas por cabalos, os trens e os barcos, pero debido á rudeza de ditos transportes os obxectos das persoas sufrían constantemente avarías e danos, polo que os artesáns da madeira estaban moi requiridos para crear elementos para protexer e transportar obxectos de valor. Foi así que ao longo de 17 anos Louis desenvolveu distintos modelos de maletas buscando un estilo único e de alta calidade, o que lle permitiu abrir a súa primeira tenda propia no número 4 da Rue Neuve des Capucines, preto da Place Vendôme.
En 1859 ábrese o Atelier, que era o taller onde se facían a man os bolsos e maletas deseñadas por Louis e que ao mesmo tempo se converteu na casa da súa familia. En 1986 o fillo de Louis, Georges creou a famosa lona monogram, coa cal buscaba diferenciarse doutras marcas, a lona foi patentada ao ano seguinte e en 1905 rexístrase como marca.[3]
En 2004 a marca celebrou o seu 150 aniversario, inaugurando ese mesmo ano tendas en Nova York (na Quinta Avenida), São Paulo, Cidade de México, Cancún, Xohanesburgo e a súa primeira tenda global en Shanghai.
Campañas publicitarias
[editar | editar a fonte]A compañía busca ter seguidores famosos; modelos, músicos e actores recoñecidos a nivel mundial como Jennifer Lopez, Keith Richards, Madonna, Sean Connery, Angelina Jolie, David Bowie ou incluso o antigo líder da URSS, Mikhail Gorbachev,[4] apareceron para as súas campañas de publicidade. Os seus anuncios adoitan saír impresos en revistas e en valados publicitarios de cidades cosmopolitas.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Tenda en Ekaterimburgo, Rusia.
-
Tenda en Leeds, Reino Unido.
-
Habitación VIP nunha tenda de Viena.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Legal Notice". Louis Vuitton. Archived from the original on 01 de maio de 2011.
- ↑ "«En Louis Vuitton no hemos notado la crisis y nunca hacemos rebajas»". ABC (en castelán).
- ↑ Lopera, Esteban. "Historia de marca: Louis Vuitton". Expertos en marca (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2018.
- ↑ "Louis Vuitton Ad Shows Gorbachev Accompanied by Subversive Text". The New York Times (en inglés).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial Arquivado 04 de marzo de 2008 en Wayback Machine.