Lowbrow
Aparencia
A arte lowbrow, ou simplmente lowbrow, é un termo utilizado para describir un movemento underground de arte visual que xurdiu na cidade dos Ánxeles (California) a finais da década de 1970.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Trátase dun movemento artístico popular moi difundido, con orixes no mundo do underground, é dicir, no mundo dos cómics a música punk, e diversas ramas da contracultura e subculturas en xeral de California. Tamén se lle coñece con frecuencia polo nome de surrealismo pop. Ten un aquel humorístico, con picardía e sarcasmo.
A maioría das obras de arte Lowbrow son pinturas, malia que tamén existen xoguetes, arte dixital e escultura.