Luís Cancela Vecino
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1947 Vilanova de Santiso, España |
Morte | 17 de maio de 2022 (74/75 anos) Carballo, España |
Alcalde de Malpica de Bergantiños | |
1979 – 1991 | |
Actividade | |
Ocupación | político, mestre |
Luís Cancela Vecino, nado en Vilanova de Santiso (Malpica de Bergantiños) en 1947 e finado en Carballo o 17 de maio de 2022, foi un mestre e político galego do BNG.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi o menor de sete irmáns. Aos 10 anos enviárono ao Seminario Menor de Santiago de Compostela. Despois pasou ao Seminario Maior onde rematou os estudos de Teoloxía. Deixou o Seminario e fixo a carreira de Historia. Profesor do IES Monte Neme de Carballo, do que tamén foi director. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura de Unidade Galega á alcaldía de Malpica de Bergantiños, obtivo maioría absoluta e foi elixido alcalde. Nas municipais de 1983 presentouse como cabeza de lista polo BNG e volveu ser elixido alcalde por maioría absoluta, ó igual que nas municipais de 1987. Nas municipais de 1991 revalidou a alcaldía sen maioría absouta. En xullo dese último ano cando presentou a dimisión.[2] Foi substituído de xeito provisional por Ricardo Seixo Fernández. Foi condenado por prevaricación pola Audiencia Provincial en 2001 a sete anos de inhabilitación especial por un delito de prevaricación.[3]
Predecesor: José Antonio Seoane Vázquez |
Alcalde de Malpica de Bergantiños 1979 - 1991 |
Sucesor: Manuel Pardines Arcay |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 30-1-2010, p. L18
- ↑ La Voz de Galicia, 12-7-1991, p. 22
- ↑ La Audiencia inhabilita al ex-alcalde del BNG de Malpica y a sus siete concejales