Luís Chamorro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1898 Pontevedra, España |
Morte | 1969 (70/71 anos) Tribomont, Bélxica (en) |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista, estibador |
Membro de | |
Cronoloxía | |
4 de xaneiro de 1937-7 de xaneiro de 1937 | evasión de La Libertaria |
José Luís Chamorro Castro, nado en Pontevedra en 1898 e finado en Tribomont (Bélxica) en 1969, foi un sindicalista e militante libertario galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traballou como estibador no porto da Coruña. Militante da CNT, deuse a coñecer nunha folga no ramo do transporte en 1920. Na ditadura de Primo de Rivera estivo embarcado como enfermeiro marítimo e participou nas loitas sindicais da Arxentina integrado na FORA. Coa proclamación da República volveu a Coruña e destacou na CNT polo seu aliñamento coas posturas máis radicalizadas e as súas accións na FAI e nos Grupos de Defensa. Foi multado en xullo de 1933 como autor do texto duns panfletos repartidos polo Comité de Transportes da CNT.[1] En setembro de 1935 foi xulgado na Coruña por tenencia de explosivos, sendo absolto.[2] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado e logrou fuxir a Xixón na evasión de La Libertaria en xaneiro de 1937. Trasladouse a Bilbao, onde desempeñou postos de responsabilidade no Sindicato Nacional del Transporte Marítimo. Pasou despois a Cartagena, onde foi secretario de Defensa local e un dos fundadores da Agrupación de Gallegos Libertarios Galicia Ceive. Coa derrota trasladouse a Casablanca, actuou na resistencia francesa e colaborou co Comité da CRG-CNT no exilio establecido en Tolosa. Finou accidentalmente nun Asilo de Anciáns exiliados próximo a Liége.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou na Coruña con María Rodríguez Rego en 1930.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). Positivas, ed. O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela. pp. 60–61. ISBN 84-87783-79-1.