Luís Lamela
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de novembro de 1945 (78 anos) Corcubión, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Xénero artístico | Ensaio e narrativa |
Lingua | Galego e castelán |
Luís Lamela García, nado en Corcubión o 5 de novembro de 1945, é un historiador galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na Escola Oficial de Náutica da Coruña e na UNED. Traballou na Mariña Mercante e posteriormente desenvolveu varias actividades profesionais no sector financeiro galego, sobre todo en Caixa Galicia.
Foi un dos pioneiros na restauración histórica da memoria do franquismo e o antifranquismo en Galiza desde unha actividade investigadora que comezou no ano 1987. Colaborou tamén en periódicos e revistas como La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, Unión Libre ou Anuario Brigantino. Foi asesor do Proxecto Inter-universitario As vítimas, os nomes, as voces e os lugares e membro da Comisión Municipal de Aplicación da Memoria Histórica, asesora da Comisión de Honores e Distincións do Concello da Coruña, para a retirada da simboloxía franquista na cidade.
Obras en galego
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- A represión da Masonería viguesa (2008). A Nosa Terra.
- A loita dos perdedores. Razón e xénese da guerrilla antifranquista en Galicia (2023). Santiago: Edicións Laiovento. 302 páxs.
Narrativa
[editar | editar a fonte]- Escapado. Do Monte Pindo ao exilio pasando pola illa de San Simón, 2009, Xerais.
Obras en castelán
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Pepe Miñones: un crimen en la leyenda (1900-1936), 1991, Ediciós do Castro.
- Foucellas. El riguroso relato de una lucha antifranquista (1936-1952), 1992, Ediciós do Castro.
- Inmolados Gallegos. Alexandro Bóveda, Víctor Casas, Telmo Bernárdez, Adrio Barreiro..., 1993, Ediciós do Castro.
- Crónica de una represión en la Costa da Morte, 1995, Ediciós do Castro.
- Estampas de injusticia. La guerra civil del 36 en A Coruña y los documentos originados en la represión, 1998, Ediciós do Castro.
- A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión, 2002, Ediciós do Castro.
- 1936, la 'Cruzada' en Compostela. La guerra civil y la represión franquista en los documentos policiales y militares, 2005.
- Un monumento en el Campo da Rata. Razón y génesis, 2006, Ateneo Republicano de Galicia.
- Antonio Fernández Pita: un alcalde fusilado por el franquismo, 2008, Ateneo Republicano de Galicia.
- Los años de guerra y la prisión provincial de A Coruña. Memorias de un recluso: Domingo Quiroga Ríos, 2024.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Faro Nerio no 2006, pola súa actividade de recuperación da Memoria Histórica desa zona.
- Premio de Honra en 2011 de Radio Nordés-Cadena SER, tamén pola súa actividade na recuperación da Memoria Histórica.