Luís Pérez Carballa
Aparencia
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1881 ![]() Sanxenxo, España ![]() |
Morte | 15 de marzo de 1937 ![]() Ferrol, España ![]() |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | médico, militar ![]() |
![]() |
Luís Pérez Carballa, nado en Sanxenxo en 1881 e finado en Ferrol o 15 de marzo de 1937, foi un médico e militar galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Coronel médico da Armada retirado. Membro da Irmandade da Fala de Ferrol, asinou o Manifesto da Asemblea Nacionalista de Lugo. Foi conferenciante do Ateneo Ferrolán e membro da loxa masónica Breogán. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Ferrol e condenado a morte en consello de guerra. Foi fusilado en Ferrol o 15 de marzo de 1937.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ López-Dafonte Sanjuán, José María (5 de abril de 2018). "Luis Pérez Carballa, un buen español" (PDF). Asociación Cultural Estudios Históricos de Galicia.