Luís Pereira Míguez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1889 ![]() Redondela, España ![]() |
Morte | 6 de xuño de 1937 ![]() Redondela, España ![]() |
Lugar de sepultura | cemiterio dos Eidos ![]() |
![]() | |
abril de 1930 – abril de 1931 ← Manuel Pereira Míguez – Pedro Otero Sestelo → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | farmacéutico, político ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Ernestina Otero (1914–1937), morte ![]() |
Pai | Manuel Pereira Míguez ![]() |
Irmáns | José Pereira Míguez Florentino Pereira Míguez ![]() |
Luís Juan Pereira Míguez, nado en Redondela cara a 1889 e finado na mesma vila o 6 de xuño de 1937, foi un farmacéutico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Manuel Pereira Míguez.[1] Farmacéutico de profesión. Agrarista. Foi nomeado fiscal municipal de Redondela en novembro de 1914[2] e volveu ser nomeado en 1918.[3] Foi elixido alcalde en abril de 1930,[4] permanecendo no cargo ata as eleccións municipais de abril de 1931. Foi presidente do Casino de Redondela. Finou en Redondela o 6 de xuño de 1937 aos 48 anos de idade.[5]
Predecesor: Manuel Pereira Míguez |
![]() Alcalde de Redondela 1930 - 1931 |
Sucesor: Pedro Otero Sestelo |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en 1914 con Ernestina Otero Sestelo,[6] e foi pai de Elena, Gemma, Luis e Lucila Pereira Otero.