Luís de Sttau Monteiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de abril de 1926 Lisboa, Portugal |
Morte | 23 de xullo de 1993 (67 anos) Lisboa, Portugal |
Educación | Universidade de Lisboa |
Actividade | |
Ocupación | escritor, novelista, dramaturgo |
Premios | |
Luís Infante de Lacerda de Sttau Monteiro, nado en Lisboa o 3 de abril de 1926 e finado no mesmo lugar o 23 de xullo de 1993, foi un escritor portugués.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Luís de Sttau Monteiro naceu o 3 de abril de 1926 en Lisboa.[1]
De ascendencia española,[2] con dez anos de idade mudouse para Londres con seu pai, Armindo Monteiro, embaixador de Portugal.[3] Con todo, en 1943 este último é cesado no seu cargo por Salazar o que os levou a regresar a Portugal.[1]
Xa en Lisboa, licenciouse en Dereito na Facultade de Dereito da Universidade de Lisboa, traballando como avogado por un curto período de tempo dedicándose, despois de nova pasaxe polo Reino Unido, ao xornalismo.[1]
A súa estadía en Inglaterra, durante a xuventude, colocou Sttau Monteiro en contacto con algúns movementos de vangarda da literatura anglo-saxónica. Na súa obra narrativa retratou ironicamente correctos estratos da burguesía lisboeta e aspectos da sociedade portuguesa contemporánea.[4]
Ao regresar a Portugal colabora en diversas publicacións destacándose na revista Almanaque (onde usou o pseudónimo Manuel Pedrosa) e o suplemento A Mosca do Diário de Lisboa. Neste último, crea a sección Guidinha.[1]
Sttau Monteiro estreouse nas publicacións en 1960, con Um Homem não Chora, a que se seguiu Angústia Para o Jantar (1961).[1]
Como dramaturgo destaca xa en 1961 co drama narrativo histórico Felizmente há Luar!, unha peza situada na liña do teatro épico.[1] Esta obra foi galardoada co gran Premio de Teatro atribuído pola Sociedade de Escritores e Compositores Teatrais Portugueses (actual SPA) mais a súa representación foi, no entanto, prohibida pola censura.[1] A peza en dous actos, narra o drama do xeneral Gomes Freire de Andrade, perseguido por gobernantes que dominaban o pobo polo medo e pola ignorancia.[5]
Sttau Monteiro foi prendido por sospeita de colaborar na "Intentona de Beja" de 1962 o que o levou a que volvese a vivir, entre 1962 e 1967, na Inglaterra. Alí faise piloto de Fórmula 2.[6] Regresado a Portugal foi prendido pola PIDE en 1967, polas críticas á ditadura vixente e á guerra colonial incluídas nas súas pezas satíricas A Guerra Santa (1967) e A Estátua (1967).[1]
Só tras a Revolución do 25 de Abril a súa peza Felizmente há Luar! foi presentada nos escenarios portugueses. Aconteceu primeiro en 1975 polo TEB - Teatro Ensaio do Barreiro seguindo, en 1978, a representación pola compañía do Teatro Nacional D. Maria II.[1]
Sttau Monteiro foi aínda colaborador de semanarios como o Se7e, O Xornal ou Expresso.[1]
En 1985, a súa novela inédita Agarra o Verão, Guida, Agarra o Verão serviu de argumento á telenovela Chuva na Areia.[7]
Luís de Sttau Monteiro morreu o 23 de xullo de 1993, en Lisboa.[1] Está enterrado no Cemiterio de Loures.[8]
O 9 de xuño de 1994 foi feito Grande-Oficial da Orde Militar de Sant'Iago da Espada a título póstumo.
Obras
[editar | editar a fonte]Ficción
[editar | editar a fonte]- Um Homem não Chora (1960). Lisboa: Ática. Inclúe a novela Por-do-Sol no Areeiro.
- Angústia para o Jantar (1961). Lisboa: Ática.
- E se for Rapariga Chama-se Custódia (1966). Lisboa: Movimento.
- Redacções da Guidinha (1971). Lisboa: Ática.
- Agarra o Verão, Guida, Agarra o Verão (1985). † novela inacabada inédito.
Teatro
[editar | editar a fonte]- Felizmente Há Luar! (1961). Lisboa?: Jornal do Fôro.
- Todos os Anos, pela Primavera (1963). Lisboa: Guimarães Editores.
- A Guerra Santa (1966). Lisboa: Ed. Minotauro.
- A Estátua (1967). Lisboa.
- As Mãos de Abraão Zacut (1968). Lisboa: Atica.
- Sua Excelência (1971). Lisboa: Ed. Ática.
- Crónica Atribulada do Esperançoso Fagundes (1981). Lisboa: Ática.
Adaptacións teatrais
[editar | editar a fonte]- O Barão, da novela de Branquinho da Fonseca (1964). Lisboa: Edicións Atica.
- Auto da Barca do Motor fóra da Borda, do Auto da Barca do Inferno de Gil Vicente (1966). (Lisboa: Ed. Atica.
Traducións teatrais
[editar | editar a fonte]- Summer and Smoke (Fume de verán), de Tennessee Williams (1962). Lisboa: Publicações Europa-América.
- The Dumb Waiter (O Monta-cargas) de Harold Pinter (1963). Lisboa: Edicións Tempo.
Telenovela
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 "LUÍS DE STTAU MONTEIRO". cvc.instituto-camoes.pt (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2019.
- ↑ Infopédia. "Luís de Sttau Monteiro - Infopédia". Infopédia - Dicionários Porto Editora (en portugués). Consultado o 2020-04-30.
- ↑ Aires Oliveira, Pedro. "Atribulações de Um Fascista Anglófilo, «Armindo Monteiro: Uma Biografia Política»" (PDF). analisesocial.ics.ul.pt (en portugués).
- ↑ Sturrock, John (1996). The Oxford Guide to Contemporary World Literature. Oxford University Press. ISBN 9780192833181.
- ↑ "Um dia com Luís de Sttau Monteiro". Um dia com Luís de Sttau Monteiro. Consultado o 2020-04-30.
- ↑ Geocaching. "Geocaching - The Official Global GPS Cache Hunt Site". www.geocaching.com (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2014. Consultado o 2020-04-30.
- ↑ "Um dia com Luís de Sttau Monteiro". Um dia com Luís de Sttau Monteiro (en portugués). Consultado o 2020-04-30.
- ↑ SAPO. "Já pensou em fazer turismo num cemitério? Em Loures já é possível". SAPO 24 (en portugués). Consultado o 2020-04-30.
- ↑ "Chuva na Areia" (en portugués). Consultado o 2020-04-30.