Luar
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
O luar é a luz que chega á Terra desde a Lúa. Esta luz non se orixina na Lúa, senón que esta reflicte a que lle chega do Sol.
Características
[editar | editar a fonte]A superficie lunar aborbe o 93% da luz que recibe do sol polo que, aínda que a intensidade do luar varía en grande maneira dependendo da fase lunar, durante a lúa chea ilumina apenas con 0,2 lx, o que representa 500.000 veces menos que o sol. Cando se mira a lúa desde bastante altitude ou desde latitudes tropicais, a iluminancia pode chegar a 1 lx. A luz do luar non permite nin ler nin distinguir as cores, pero si orientarse e mesmo fotografar a paisaxe.
A cor do luar, en especial durante a lúa chea, aparece tinxida de azul ao ollo humano comparado coa maioría das fontes de luz artificiais.
Para os astrónomos é unha molestia, xa que o luar ilumina as partículas que se achan en suspensión no aire, provocando un resplandor no ceo que vela as placas fotográficas durante as exposicións prolongadas.
O luar considérase moitas veces un tipo de luz moi romántica.