Lucía César Veloso
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1984 ![]() Vilagarcía de Arousa, España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mestra, música, política ![]() |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego ![]() |
Familia | |
Irmáns | Gustavo César Veloso ![]() |
![]() ![]() |
Lucía César Veloso, nada en Vilagarcía de Arousa en 1984, é unha cantareira, pandeireteira, mestra de música e política galega do BNG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Da parroquia de Bamio, é irmá do ciclista Gustavo César Veloso. Diplomada en maxisterio musical na Universidade de Santiago de Compostela. É cantareira e pandeireteira [1] e forma parte do grupo de música tradicional Malveiras[2] e dá clase de música en diversas asociacións culturais como O Gato Negro ou a Asociación de Mulleres Rurais de Carril.
Nas eleccións municipais de 2015 integrou a candidatura do BNG ao concello de Vilagarcía no número 3 como independente[3] lista que logrou dous concelleiros mais a renuncia en setembro da cabeza de lista, María Villaronga, fixo que entrase na corporación municipal[4] e asemade entrou a militar no Bloque[5]. En 2018 ao deixar Xosé Leirós a portavocía do grupo municipal Lucía César Veloso converteuse na nova voceira. Nas eleccións municipais de 2019 foi a candidadata á alcaldía de Vilagarcía polo BNG[6] tornando a única elixida da listaxe da súa formación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "As Letras Galegas vístense de música e arte en terras carrilexas". Diario de Arousa. 18 de maio de 2018.
- ↑ "O BNG elixe a Lucía César Veloso cabeza de lista para a alcaldía de Vilagarcía". La Voz de Galicia. 8 de setembro de 2018.
- ↑ "Lucía César Veloso: "Non se pode dilatar máis a organización do Concello, xa é hora de poñerse a traballar"". Faro de Vigo. 11 de setembro de 2015.
- ↑ "O BNG arroupa a María Villaronga na súa despedida". La Voz de Galicia. 10 de setembro de 2015.
- ↑ "Candidatos:Lucía César Veloso". Faro de Vigo.
- ↑ "Lucía César Veloso presenta as súas credenciais como candidata do BNG". La Voz de Galicia. 23 de novembro de 2018.