Lucía Lijtmaer
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1977 (46/47 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Residencia | Madrid |
Educación | Universidade de Barcelona |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritora, tradutora |
Empregador | Universidade de Barcelona |
Sitio web | lucialijtmaer.net |
Lucía Lijtmaer Paskvan, nada en Buenos Aires en 1977, é unha xornalista e escritora nada na Arxentina e criada en Barcelona, cidade onde se exiliaron os seus pais. É especialista en cultura pop desde a perspectiva de xénero. Tamén é comisaria cultural, tradutora literaria e profesora de universidade.[1] Ten colaborado con diversos medios de comunicación, entre eles El País, ElDiario.es, RAC1 e Carne cruda.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de exiliados arxentinos, criouse en Barcelona.[2] É licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Barcelona e MA Xornalismo Internacional pola Universidade de Westminster.[3] Está especializada en cultura pop e colabora en diversos medios de comunicación. Deu clases na Facultade de Comunicación Dixital da Universidade de Vic e na Universidade de Barcelona.
Tamén é comisaria do festival "Princesas e Darthvaders" mesturando humor e cultura de guerrilla para falar de feminismos[4] e que en 2017 celebrou a súa terceira edición.[5]
Recoñécese como exiliada de segunda xeración e así o contaba na presentación da súa primeira novela Casi nada que ponerte, na que Lijtmaer aborda a reconstrución do pasado inmediato dun país, Arxentina, que saltou polo aire en 2001 e a construción da súa propia persoa como filla de exiliados en España.[6] Unha investigación iniciada en 2008 cuxo primeiro borrador terminou en 2011. Quedou durante un tempo nun caixón ata que a editorial Libros del Lince decidiu publicala en 2016.[7]
En 2015, realizou unha investigación en primeira persoa sobre a Deep Web[8] que publicou co título Quiero los secretos del Pentágono y los quiero ahora (2015).[9] Dous anos despois, en 2017, publicou Yo también soy una chica lista, un ensaio desenfadado en defensa do feminismo no que se revelan os mecanismos machistas invisibles da cultura pop.[10]
Escribiu, entre outros diarios, en ADN e Público, colabora habitualmente en medios de comunicación, foi profesora de universidade, fixo radio e traduciu a Jarvis Cocker. Tamén colaborou con El País, ElDiario.es, Carne cruda e RAC1.
Xunto a Isa Calderón protagoniza o podcast quincenal Deforme Semanal Ideal Total, un show feminista onde en clave de humor fan unha crítica ao heteropatriarcado e percorren todo tipo de temáticas desde unha perspectiva de xénero.[11][12]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En outubro de 2021, o podcast Deforme semanal ideal total de Radio Primavera Sound dirixido, producido e conducido por Lijtmaer e Isa Calderón recibiu o Premio Ondas ao Mellor podcast ou programa de emisión dixital. Este recoñecemento foi concedido ex aequo ao podcast Estirando el chicle de Victoria Martín e Carolina Iglesias emitido en Podium Podcast.[13]
Obra
[editar | editar a fonte]- Quiero los secretos del Pentágono y los quiero ahora (2015). Capitán Swing.
- Casi nada que ponerte (2016). Libros del Lince.
- Cultura en tensión (2016). Varios autores: Jordi Oliveras Serrano, Nando CruzV, Lucía Lijtmaer, César Rendueles, Marina Garcés, Ramon Faura e Joan Miquel Gual. Rayo Verde. Colección: Ciclogénesis. ISBN 9788416689002.[14]
- Yo también soy una chica lista (2017). Editorial Destino. ISBN 9788423352357.
- Ofendiditos (2019). Editorial Anagrama. ISBN 9788433916303.
- Cauterio (2022). Editorial Anagrama. 222 páxs. ISBN 978-84-339-9946-7.[15]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Lucía Lijtmaer | CCCB". Consultado o 3 de xuño de 2017.
- ↑ Morla, Jorge (2016-06-04). "“La nostalgia heredada se pasa en la adolescencia”". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-04-27.
- ↑ Ginés, Isabel Clúa (2008). Genero y cultura popular/ Genre and Popular Culture: Estudios Culturales 1 (en castelán). Univ. Autònoma de Barcelona. ISBN 9788449025402. Consultado o 3 de xuño de 2017.
- ↑ "6 motivos para no perderse 'Princesas y Darth Vaders'". S Moda EL PAÍS (en castelán). 9 de xuño de 2016. Consultado o 3 de xuño de 2017.
- ↑ "Princesas y Darthvaders 2017". La Casa Encendida (en castelán). Consultado o 3 de xuño de 2017.
- ↑ Morla, Jorge (4 de xuño de 2016). "“La nostalgia heredada se pasa en la adolescencia”". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 3 de xuño de 2017.
- ↑ "'Casi nada que ponerte': Cómo recordar es (re)inventarse | eslang". eslang (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2016. Consultado o 3 de xuño de 2017.
- ↑ Swing, Capitán. "Lucía Lijtmaer quiere ya los secretos del Pentágono y de la ‘Deep Web’" (en castelán). Consultado o 3 de xuño de 2017.
- ↑ "Quiero los secretos del Pentágono". ELMUNDO (en castelán). Consultado o 3 de xuño de 2017.
- ↑ "Lucía Lijtmaer: “No és casual que ‘feminazi’ hagi calat com a insult i és terrorífic”". Ara.cat (en catalán). Consultado o 3 de xuño de 2017.
- ↑ "Isa Calderón y Lucía Lijtmaer, el azote escénico del heteropatriarcado". ELMUNDO (en castelán). Consultado o 6 de agosto de 2018.
- ↑ Iturbe, Antonio. "Lucia Lijtmaer e Isa Calderón: dos feministas". Revista Librujula (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2018. Consultado o 6 de agosto de 2018.
- ↑ SER, Cadena (2021-10-20). "Consulta todos los premiados de los Premios Ondas 2021" (en castelán). Consultado o 2021-10-20.
- ↑ "Cultura en tensión" (en castelán). Consultado o 2022-04-27.
- ↑ "CAUTERIO LUCIA LIJTMAER Casa del Libro". casadellibro (en castelán). 2022-03-02. Consultado o 2022-04-27.