Lucía Rodríguez Vázquez
Aparencia
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de decembro de 1983 (41 anos) Castro Caldelas, España |
Educación | Universidade Pontificia de Salamanca |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Sitio web | luciarodrigueztv.com |
Lucía Rodríguez Vázquez, nada en Castro Caldelas o 15 de decembro de 1983, é unha xornalista galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en xornalismo pola Universidade Pontificia de Salamanca, traballou en Onda Cero, Cazavisión, Antena 3 Televisión, Veo 7 e Telemadrid.[1]
Na Televisión de Galicia presentou Desexos cumpridos dende outubro de 2013[2] a abril de 2014, Aquí Galicia dende xuño de 2014 a xuño de 2020, Adiviña quen vén esta tarde de xuño a setembro de 2019. Colaborou en Vin polo vento en 2019. En 2018 traballou en Carretera y manta de laSexta, presentou Que nos pille Rebolando! (2020-2021) e dende xuño de 2021 presenta Sabadeando na TVG.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Club de Periodistas Gallegos en Madrid Arquivado 01 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. 13/4/2012 (en castelán).
- ↑ Desexos cumpridos na TVG