Luca Chao
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1988 (36/37 anos) Lugo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | política |
Luca Chao Pérez, nada en Lugo en 1988, é unha política galega de En Marea.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela (2011) e máster Oficial en Migracións Internacionais (2012). Investigadora no Departamento de Socioloxía e Ciencia Política da Universidade da Coruña e membro do Equipo de Socioloxía de Migracións Internacionais,[1] onde impartiu clase e traballou na súa tese doutoral sobre a participación política dos descendentes do exilio republicano.[2] Nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 foi elixida deputada por En Marea e voceira do seu grupo parlamentario. Tamén exerce labores de consultaría para o sector público[3] e colabora con medios como Nós Diario e Público.[4][5]
Obra
[editar | editar a fonte]- Feminismo en cen palabras (2023). Vigo: Galaxia. 172 páxs. ISBN 978-84-9151-970-6.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Feminismo en cen palabras". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-02-02.
- ↑ "Luca Chao". scholar.google.com. Consultado o 2023-02-02.
- ↑ "Luca Chao deja sus cargos en Podemos y abandona la política activa para buscar trabajo". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-10-02. Consultado o 2023-02-02.
- ↑ "Luca Chao". www.eldiario.es. Consultado o 2023-02-02.
- ↑ Diario, Nós. "Nós Diario - Xornal de intereses galegos". Nós Diario. Consultado o 2023-02-02.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha no Parlamento de Galicia Arquivado 25 de novembro de 2016 en Wayback Machine.