Lucas Fernández de Piedrahita
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1624 Bogotá, Colombia |
Morte | 1688 (63/64 anos) Cidade de Panamá |
Bispo diocesano | |
16 de novembro de 1676 – ← Antonio de León y Becerra – Diego Ladrón de Guevara → Diocese: Arquidiocese de Panamá | |
Bispo de Santa Marta | |
27 de febreiro de 1668 – ← Melchor Liñán y Cisneros – Diego de Baños y Sotomayor → Diocese: diocese de Santa Marta | |
Datos persoais | |
Grupo étnico | Pobo quechua |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Santo Tomás |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1669–), escritor, historiador |
Consagración | Antonio Sanz Lozano |
Descrito pola fonte | Library of the World's Best Literature (en) |
Lucas Fernández de Piedrahita, nado en Bogotá en 1624 e finado na Cidade de Panamá o 29 de marzo de 1688, foi un prelado católico que serviu como o bispo de Panamá (1676–1688)[1] e bispo de Santa Marta (1668–1676).[2][3] Foi o autor de Historia general de las conquistas del Nuevo Reino de Granada.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Lucas Fernández de Soto Piedrahita naceu en Santa Fe de Bogotá, sendo fillo de Domingo Hernández de Soto Piedrahita e Catalina de Collantes.[4][5] Tiña un irmán e dúas irmás: Gregorio Hernández de Collantes, María Sayago e María Fernández de Piedrahita, e a súa nai era de ascendencia inca.[6] O 27 de febreiro de 1668, foi nomeado polo rei de España e confirmado polo papa Clemente IX como bispo de Santa Marta.[4] En 1669, foi consagrado por Antonio Sanz Lozano, bispo de Cartaxena.[4] O 16 de novembro de 1676, foi nomeado polo rei de España e confirmado polo papa Inocencio XI como bispo de Panamá.[4] Serviu nese posto até a súa morte o 29 de marzo de 1688.[4] Foi o principal consagrador de Sancho de Andrade de Figueroa, bispo de Ayacucho Huamanga.[4]
Muisca
[editar | editar a fonte]Fernández de Piedrahita contribuíu de forma extensiva no coñecemento sobre os muiscas, os habitantes da rexión de Bogotá antes da invasión española. Fernández de Piedrahita naceu na antiga capital de Bacatá, na parte sur da Confederación muisca.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ritzler, Remigius; Sefrin, Pirminus (1952). Hierarchia catholica medii et recentioris aevi. Vol. V. Patavii: Messagero di S. Antonio. p. 305. (en latín)
- ↑ Ritzler, Remigius; Sefrin, Pirminus (1952). HIERARCHIA CATHOLICA MEDII ET RECENTIORIS AEVI Vol V (en latín). Patavii: Messagero di S. Antonio. pp. 258 e 305.
- ↑ Arcebispo de Panamá, Guillermo Rojas y Arrieta C.M. Reseña Histórica de los Obispos que han ocupado la silla de Panamá Publisher: Escuela Tipográfica Salesiana (1929) | P. 91-98
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Cheney, David M. "Bishop Lucas Fernández de Piedrahita". Catholic-Hierarchy.org. Consultado o 16/6/2018.
- ↑ Lucas Fernández de Piedrahita - Geni
- ↑ Diccionario de historia cultural de la iglesia en América Latina - Lucas Fernández de Piedrahita Arquivado 23 de novembro de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lucas Fernández de Piedrahita |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Cheney, David M. "Archdiocese of Panamá". Catholic-Hierarchy.org. Consultado o 25/3/2018.
- Chow, Gabriel. "Metropolitan Archdiocese of Panamá". GCatholic.org. Consultado o 25/3/2018.
- Cheney, David M. "Diocese of Santa Marta". Catholic-Hierarchy.org. Consultado o 25/3/2018.
- Chow, Gabriel. "Metropolitan Diocese of Santa Marta (Colombia)". GCatholic.org. Consultado o 25/3/2018.