Luciano Pérez Riveira
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1899 O Vicedo, España |
Morte | 1979 (79/80 anos) Cádiz, España |
Alcalde do Vicedo | |
1933 – 1936 | |
Actividade | |
Ocupación | político, comerciante |
Luciano Pérez Riveira, nado no Vicedo en 1899 e finado en Cádiz en 1979,[1] foi un comerciante e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Serafín Pérez. Comerciante. Militante do PSOE, foi un dos fundadores do pósito de pescadores e da agrupación socialista do Vicedo. Foi elixido alcalde de Riobarba en 1933 logo da repetición dunhas eleccións nas que a ORGA obtivo oito concelleiros, dous os socialistas e outros dous o Partido Republicano Conservador. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e tivo contactos con Jesús Iglesias Escourido. Logo estivo agochado nun foxo da súa casa do Vicedo ata 1940. Entregouse o 1 de abril de 1940, pasou nove días no depósito de Viveiro e despois foi trasladado ao cárcere provincial. Implicado en catro causas, foi xulgado en consello de guerra e condenado a 12 anos de prisión. Saíu en liberdade o 10 de abril de 1941. Nunha causa anterior fora declarado en rebeldía e fóranlle incautados os bens. Traballou de mariñeiro, foi á costeira do bonito e traballou na construción da liña de Feve. Cando se xubilou trasladouse a Cádiz onde vivía o seu fillo Manuel e alí morreu en 1979.
Predecesor: ? |
Alcalde de Riobarba 1933 - 1936 |
Sucesor: ? |