Lucio Virxinio
Nome orixinal | (la) L.Verginius |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | Roma, Italia |
Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
Tribuno da plebe | |
Actividade | |
Ocupación | político da Roma antiga, militar da Roma antiga |
Período de tempo | Early Roman Republic (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Numitoria |
Fillos | Virgínia |
Pais | valor descoñecido e valor descoñecido |
Descrito pola fonte | Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft, (sec:Verginius 7) |
Lucio Virxinio (en latín: Lucius Virginius ou Lucius Verginius) foi un militar romano que viviu no século V a.C. e formou parte da gens Virxinia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era centurión e serviu no exército romano no monte Álgid. Foi advertido por algúns amigos dos plans do decénviro Apio Claudio Craso contra a súa filla Virxinia e volveu a Roma, a pesar do intento de Claudio de arrestalo antes de abandonar o campamento.
Ao día seguinte compareceu no xulgado coa súa filla e pediu a axuda dos seus amigos. Lucio Icilio, o prometido da moza,[1] pediu xustiza. Pero Apio Claudio, que quería satisfacer a súa luxuria, entrou a presidir a corte con arrogancia e rodeado de numerosos clientes. Decretou que a moza fose considerada escrava e levada á súa propia casa, pero cando a quixeron levar, o pobo impediuno. Apio Claudio ordenou aos líctores que expulsasen á xente, e os clientes armados saíron para colaborar na expulsión. Todos se retiraron e deixaron a Virxinio e á súa filla sós diante do xulgado. O pai pediulle ao decénviro que falase con el en privado un momento, e conseguiu retirarse a un lado do Foro, que era onde se celebraba o xuízo. Lucio Virxilio, colleu un coitelo de carniceiro dun dos postos e matou a súa filla dicindo: "Non é posible que te manteña libre". Apio Claudio quixo arrestalo pero a multitude cedeu, correu ata a porta da cidade e refuxiouse no seu campamento.
Tanto o campamento como a cidade levantáronse contra os decénviros,[2] que foron privados do seu poder e restableceuse a antiga forma de goberno. Virxinio foi elixido tribuno da plebe inmediatamente (449 a.C.).[3] Por orde súa, Apio Claudio foi levado a prisión para agardar o xuízo, pero alí acabou coa súa propia vida para evitar unha morte máis ignominiosa.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Broughton, T. Robert S. (1951). The Magistrates of The Roman Republic (vol. I). Nova York: The American Philological Association.
- Smith, William, ed. (1876). Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Volume III (en inglés). John Murray.
- Tito Livio (2000). Historia de Roma desde su fundación (Libros I-III). Colecciñon: Biblioteca Clásica Gredos, nº 144) (en castelán). (tradución e notas: José Antonio Vidal Villar). Madrid: Gredos. ISBN 84-249-2463-0.