Luis Arce
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (mul) Luis Alberto Arce Catacora 28 de setembro de 1963 (61 anos) A Paz, Bolivia |
Presidente de Bolivia | |
8 de novembro de 2020 – ← Jeanine Áñez | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Educación | Universidade Maior de San Andrés - economía Universidade de Warwick (pt) - economía |
Actividade | |
Ocupación | político, economista |
Partido político | Movimento para o Socialismo (pt) (2020–2023) |
Participou en | |
8 de agosto de 2023 | Cúpula da Amazônia de 2023 (pt) |
Luis Alberto Arce Catacora, nado na Paz o 28 de setembro de 1963, é un economista, catedrático de universidade e político boliviano, actual presidente de Bolivia dende 2020. Anteriormente foi ministro de Economía e Finanzas de Bolivia en dous períodos; a primeira vez dende o 23 de xaneiro de 2006 até o 24 de xuño de 2017 e a segunda vez dende o 23 de xaneiro de 2019 até o 10 de novembro de 2019, durante o primeiro, segundo e terceiro goberno do presidente Evo Morales Ayma. Luis Arce foi recoñecido internacionalmente como o principal impulsor e artífice do crecemento económico de Bolivia suscitado entre 2006 e 2019.[1]
En xaneiro foi elixido candidato presidencial para as eleccións xerais de 2020 polo Movemento ó Socialismo en tándem co antigo chanceler David Choquehuanca como candidato a vicepresidente. Foi elixido presidente na primeira rolda, co 55,1% dos votos.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "DW: Las claves del exito economico de Bolivia".
- ↑ "El escrutinio oficial en Bolivia confirma la victoria de Luis Arce con el 55,1% de los votos". El País (en castelán). 23 de outubro de 2020. Consultado o 16 de xuño de 2021.