Luis Cadarso Rey
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Luis Cadarso y Rey 24 de novembro de 1843 Noia, España |
Morte | 1 de maio de 1898 (54 anos) Cavite, Filipinas (pt) |
Actividade | |
Ocupación | militar |
Carreira militar | |
Rango militar | capitán de navío |
Luis Cadarso Rey, nado en Noia o 24 de novembro de 1843 e finado en Cavite (Filipinas) o 1 de maio de 1898, foi un capitán galego da Armada española que foi ascendido postumamente a Almirante despois de perder a vida na batalla de Cavite, no contexto da Guerra hispano-estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi o derradeiro fillo do matrimonio conformado por Luis Cadarso Ayarza, avogado natural de Viana (Navarra), e a súa muller, Manuela Rey de Andrade y San Martín, natural de Noia. No seu bautizo Luis recibiu o mesmo nome que outro irmán que lles nacera ós seus pais e que morrera no ano precedente ó seu nacemento. A súa familia pertencía á burguesía noiesa.
Luis Cadarso casou en tres ocasións e deixou ampla descendencia[1]. Ademais, Alejandro Rodríguez Cadarso, político e médico galego, deputado pola ORGA durante a Segunda República española e reitor da Universidade de Santiago de Compostela, era neto do seu irmán máis vello.
...ingresou como aspirante no Colexio Naval Militar o 1º de xaneiro de 1858. En virtude de Real orde ascendeu a Garda marina de segunda clase o 6 de xullo do [18]60 e tres anos despois a Garda marina de primeira, obtendo os sucesivos ascensos nas datas que se expresan a continuación: Alférez de Navío, en xullo de 1865; Teniente de Navío de segunda clase, en xaneiro de 1870; ídem de primeira, en xaneiro de 1878; Capitán de Fragata, en abril de [18]87; e Capitán de Navío, en xullo de 1895.[...]
Prestou relevantes servizos durante a guerra do Pacífico, e naquela época fixo a maios parte da súa navegación a vela; en Ferrol, cando estalou a insurrección republicana (1872) e no Arquipélago filipino etc., premiando o Goberno o seu celo, actividade e valor con honrosas recompensas.[2]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Polo seu gran valor que demostrou durante a batalla de Cavite, na que perdeu a vida, foi ascendido postumamente a Almirante. Na súa vila natal existe un monumento adicado a el, e tamén está mencionado o seu nome na lista do Monumento a los Héroes de Cavite y Santiago en Cartagena, na provincia de Murcia. Nas cidades de Coruña, Madrid e Valencia hai unha rúa con seu nome.
Por outra banda, dous buques da Armada foros bautizados na súa honra: o destrutor da Clase Bustamante Cadarso (C) e o patrulleiro da Clase Lazaga Cadarso (P-03).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://dawsr.wordpress.com/2009/11/01/el-almirante-luis-cadarso-rey-1843-1898/
- ↑ «Explicación de los grabados: D. Luis Cadarso y Rey», en El Mundo Naval Ilustrado Arquivado 31 de marzo de 2010 en Wayback Machine.. Año II. Num. 26 (15 de mayo de 1898). Pag. 238.