Luis Díez-Alegría
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Luis Díez-Alegría Gutiérrez 1 de outubro de 1909 Llanes, España |
Morte | 8 de setembro de 2001 (91 anos) Alxeciras, España |
Q43239342 | |
13 de xaneiro de 1972 – 9 de outubro de 1975 ← Joaquín González Vidaurreta (en) – Ernesto Sánchez-Galiano Fernández (en) → | |
Director xeral da Garda Civil | |
7 de marzo de 1969 – 13 de xaneiro de 1972 ← Antonio Cores Fernández de Cañete (en) – Carlos Iniesta Cano → | |
Senador de España | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Colegio de la Inmaculada |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político , militar |
Lingua | Lingua castelá |
Carreira militar | |
Rango militar | Xeneral |
Conflito | Guerra civil española e Fronte Oriental (segunda guerra mundial) |
Familia | |
Irmáns | Manuel Díez-Alegría (pt) e José María Díez-Alegría |
Premios |
Luís Díez-Alegría Gutiérrez, nado en Llanes o 1 de outubro de 1909 e finado en Alxeciras o 8 de setembro de 2001, foi un militar asturiano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no barrio de Buelna, pertencente á Parroquia de Pendueles, concello de Llanes. Estudou o bacharelato no Instituto Jovellanos de Xixón, e posteriormente ingresou na Academia de Enxeñeiros do Exército en 1925, na que ascende a tenente en 1930.
En 1936 participa na marcha que fixo o rexemento de trasmisiones para unirse ás tropas do xeneral Franco, e ascende a capitán durante a guerra civil. En 1941 ascende a comandante por méritos de guerra, e é destinado ao Servizo de Ferrocarrís e logo ao Servizo de Fortificacións da Zona Sur. Alístase como voluntario á División Azul, onde serve durante 20 meses.
Ao seu regreso a España tivo varios destinos, como profesor da Escola de Aplicación de Enxeñeiros, e xefe do Servizo de Ferrocarrís. En 1955 ascendeu a coronel, e en 1961 a xeneral de brigada. Foi nomeado xefe de enxeñeiros da VIª Rexión Militar en Burgos, onde ascendeu a xeneral de división, cando pasa a ser Gobernador militar de Asturias. Logo, ao ascender a capitán xeneral, o máis novo de España en alcanzar ese grao, foi nomeado Capitán Xeneral da VIIª Rexión Militar. Entre marzo de 1969 e xaneiro de 1972 ocupa o cargo de Director Xeral da Garda Civil. A continuación é nomeado Xefe da Casa Militar do entón Xefe do Estado, Francisco Franco, posto no que permanece ata 1975, e, posteriormente, Xefe do Alto Estado Maior. En outubro de 1976 substitúe no Consello do Reino e no Consello de Rexencia ao xeneral Angel Salas Larrázabal.
O rei de España, Xoán Carlos I desígnao senador, e senta no grupo Independente do Senado (os seus bancos máis conservadores) entre o 15 de xuño de 1977 e o 2 de xaneiro de 1979. Nese ano, ademais, pasa á reserva como militar.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Irmán do tamén militar Manuel Díez-Alegría e do sacerdote xesuíta José María Díez-Alegría.