Luis María Retolaza
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de decembro de 1924 Bilbao, España |
Morte | 22 de abril de 2007 (82 anos) Bilbao, España |
3º Conselleiro de Seguridade do Goberno Vasco | |
abril de 1980 – 23 de xullo de 1988 ← José María Benegas – Juan Lasa (en) → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Euzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco |
Carreira militar | |
Conflito | segunda guerra mundial |
Luis María Retolaza Ibargüengoitia, nado en Bilbao o 27 de decembro de 1924 e finado ibídem o 22 de abril de 2007, foi un histórico dirixente do PNV. Ocupou cargos de dirección en devandito partido e foi o primeiro Conselleiro de Interior do Goberno Vasco (1980-1988).
Formou parte do "Colectivo Izadia" xunto con Ramón Labayen, José Miguel Zabala ou Javier Chalbaud, dende o que realizaba análises sobre a situación política vasca e mundial, sempre dende a perspectiva da súa profunda convicción soberanista.[1]
Unha das súas últimas aparicións públicas realizouna en outubro de 2006, nun acto de autoinculpación, á entrada do Palacio de Xustiza en Bilbao, xunto a outros ex-dirixentes históricos do PNV como Xabier Arzalluz, Eli Galdos ou Luis María Bandrés en protesta polo proceso xudicial aberto contra o lehendakari Juan José Ibarretxe.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ De las Españas a España. Un fracaso[Ligazón morta], Deia, 19 de marzo de 2006.
- ↑ Egibar, Olano y 350 afiliados se autoinculpan en la causa contra Ibarretxe ante el TSJPV, 20minutos, 27 de octubre de 2006.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Falece Luís María Retolaza, primeiro conselleiro de Interior e fundador da Ertzaintza, no Correo Dixital, 23 de abril de 2007.