Luján Argüelles
(2016) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María Luján Argüelles Álvarez 26 de xaneiro de 1977 (47 anos) Salas, España |
Actividade | |
Ocupación | presentadora, xornalista, presentadora de televisión |
Período de actividade | 2002 - |
María Luján Argüelles Álvarez,[1] nada en Salas, Asturias o 26 de xaneiro de 1977, é unha locutora radiofónica e presentadora de televisión española. Traballou en diferentes medios de comunicación de España. Presentou os programas ¿Quién quiere casarse con mi hijo? e Tú, yo y mi avatar, ámbolos dous da canle Cuatro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Empezou a súa carreira nos medios ós 19 anos, mentres estudaba historia e piano. Tras traballar en Radio Vetusta decidiu mudarse a Madrid e fichou por Onda Cero. A partir de 2001 compaxina o seu traballo en radio, co mundo da televisión comezando a súa carreira neste medio en Canal 7 TV Madrid o 3 de maio de 2001 até o 29 de xuño de 2001 co programa E-Misión Glamourosa. En 2002, fichou por Antena 3 e en 2008 inicia unha nova etapa na canle Cuatro, un ano despois asinaría un contrato blindado de 4 anos de duración con esta mesma canle.
En abril de 2018 anúnciase que non renova o seu contrato con Mediaset España tras 10 anos no grupo, aínda que seguirá á fronte do formato ¿Quién quiere casarse con mi hijo? e como comentarista de El programa de AR até finais de 2018.
Desde setembro de 2018 conduce en Telemadrid o espazo La Báscula.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]O 13 de xullo de 2015, Luján deu a luz á súa primeira filla coa súa actual parella, o empresario Carlos Sánchez Areas, á que chamou Miranda.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "O marido de Luján Argüelles anuncia o fin da súa relación matrimonial en Twitter". Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2019. Consultado o 25 de abril de 2019.
- ↑ Ola