Luz Gómez García
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1967 (56/57 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Campo de traballo | Arabic studies (en) , Islamology (en) , translations from Arabic language (en) e Estudos islâmicos (pt) |
Ocupación | escritora, tradutora, Islamólogo, arabista, profesora universitaria |
Empregador | Universidade Autónoma de Madrid |
Participou en | |
13 de novembro de 2019 | Petición pública en favor dunha negociación política sobre Cataluña |
Premios | |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2017.) |
Luz Gómez García, nada en Madrid en 1967, é unha arabista e tradutora española. É profesora titular de Estudos Árabes e Islámicos na Universidade Autónoma de Madrid. Foi galardoada co Premio Nacional de Tradución de España en 2012 pola versión ó español de En presencia de la ausencia, do palestino Mahmud Darwish.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Doutora en Filoloxía Árabe pola Universidade Autónoma de Madrid, ampliou estudos na American University do Cairo e investigou no Centro de Estudos e Documentación Económica, Xurídica e Social (Centre d’études et de documentation économiques, juridiques et sociales) do Cairo e no Instituto Francés de Estudos Árabes de Damas (Institut Français d’Etudes Arabes de Damas). Foi tamén profesora titular de Tradución na Universidade de Alacante e na Universidade de Columbia (Nova York). Pertence ó grupo investigador Travelling Concepts in Feminist Pedagogy, da Rede Europea ATHENA.
En 2012 foi galardoada polo Ministerio de Cultura de España co Premio Nacional de Tradución de España pola versión española de En presencia de la ausencia (Fi Hadrat al-ghiyab, 2006), do palestino Mahmud Darwish.