Luz intermitente
Denomínase intermitente, luz intermitente ou indicador de dirección nun vehículo, ao complexo de dispositivos luminosos que serven para indicar a outros vehículos en circulación que se ten a intención de cambiar de dirección, de incorporarse ou de saír do fluxo de circulación, ou de cambiar o sentido, entre outros.
O uso simultáneo de todos os indicadores de dirección indica unha emerxencia.
Código de circulación
[editar | editar a fonte]De acordo co código de circulación, calquera cambio de dirección debe ser previamente sinalado coas frechas intermitentes. Débese facer cando o vehículo aínda non realizou o cambio de dirección algún e se atopa no carril inicial, para deixar clara a súa intención de cambio de dirección ou a presenza dun obstáculo.
Descrición
[editar | editar a fonte]Os indicadores de dirección adoitan ser luces intermitentes de cor alaranxada ou vermella (especialmente nos Estados Unidos).
Cantidade
[editar | editar a fonte]A cantidade de indicadores varía segundo o vehículo. A cantidade mínima son catro indicadores, como é o caso das motocicletas, ata un número máximo de oito no caso dos autobuses. Os automóbiles adoitan ter seis: dous diante, dous detrás (como nas motocicletas) e adicionalmente dous máis nos laterais, na parte dianteira.
Intermitencia
[editar | editar a fonte]O efecto intermitente débese a un relé mecánico ou electrónico, e no caso dun relé mecánico á potencia das luces. De feito que a potencia de absorción das luces inflúe na velocidade da intermitencia, a cal aumenta se se incrementa a potencia. Debido a iso pode ocorrer que se se substitúen as lámpadas, a intermitencia sexa diferente. Para solucionar ese problema, pódese incluír unha resistencia en paralelo á luz nova que absorba a diferenza de potencia entre as luces antigas e as novas, ou usar un relé electrónico que sempre manteña a mesma frecuencia.
A potencia (en watts) calcúlase:
(1)
onde I é o valor da corrente (en amperios) e V é o valor da voltaxe (en voltios). Dado que
(2)
Resulta
(3)
grazas á cal pode calcularse a resistencia necesaria coñecendo a voltaxe do vehículo e a potencia da lámpada.
Historia
[editar | editar a fonte]Os primeiros indicadores xurdiron nos anos 1920 e eran frechas dunha lonxitude de 20 cm situadas nos laterais dos vehículos. Cos anos pasaron a ser luminosas e cun contorno metálico cunha lámpada alaranxada no seu interior. Para activar a frecha utilizábase un interruptor que se servía dun electroimán.
Alternativas
[editar | editar a fonte]No caso dun mal funcionamento dos indicadores ou na ausencia deles (como é o caso das bicicletas), pódese indicar un cambio de dirección coa axuda dos brazos. Para indicar un xiro débese de estender o brazo de forma perpendicular ao torso na dirección desexada. En ocasións, dado que, por exemplo, nun camión en Europa continental (onde se circula pola dereita) se estende o brazo á dereita, non sería visible, pode facerse uso do brazo esquerdo que formará un ángulo de 90 graos e apuntará cara a arriba. Desta forma pode utilizarse un brazo para ambas as direccións. Doutra banda, nos Estados Unidos en caso de ciclomotores ou bicicletas o brazo irá cara a abaixo coa man paralela ao chan.