Saltar ao contido

Lynn Conway

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLynn Conway

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de xaneiro de 1938 Editar o valor em Wikidata
Mount Vernon, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte9 de xuño de 2024 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Jackson, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da mortecardiopatía Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts (1955–1958)
Escola de Engenharia e Ciências Aplicadas da Fundação Fu (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoCiencias da computación Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Ocupacióninformática teórica , inventora , enxeñeira eléctrica Editar o valor em Wikidata
EmpregadorXerox PARC (pt) Traducir (1973–1982)
Universidade de Míchigan
IBM Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Premios

Páxina weblynnconway.com Editar o valor em Wikidata
Facebook: lynn.conway Twitter: lynnconway Editar o valor em Wikidata

Lynn Ann Conway, nada o 2 de xaneiro de 1938 e finada o 9 de xuño de 2024,[1] foi unha informática, enxeñeira eléctrica e activista trans estadounidense.

Conway traballou en IBM durante a década dos 60, onde inventou a xestión xeneralizada dinámica de instrucións, un avance fundamental na execución fóra de orde usado pola meirande parte de procesadores informáticos contemporáneos para mellorar a súa eficiencia. Tamén comezou a revolución en deseño de chips VLSI de Mead-Conway, referida aos microchips integrados a gran escala. A devandita revolución estendeuse rapidamente ás universidades e á industria informática durante os 80, creando os alicerces da actual infraestrutura de deseño de chips.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación[editar | editar a fonte]

Conway criouse en White Plains, Nova York. De cativa era tímida, e padeceu disforia de xénero. Estaba moi interesada na astronomía, e chegou a construír o seu propio telescopio. No instituto, destacou en matemáticas e ciencias.

Ingresou no MIT en 1955, con moito éxito académico. Porén, sufriu a nivel psicolóxico debido ao fracaso da súa transición de xénero no ano 1957. Tras traballar como técnica electrónica durante varios anos, Conway continuou os seus estudos na Escola de Enxeñaría e Ciencias Aplicadas da Universidade de Columbia, onde obtivo o seu mestrado en 1963.[2]

Época en IBM[editar | editar a fonte]

Conway foi recrutada por IBM en Yorktown Heights, Nova York en 1964, e axiña foi elixida para o equipo de arquitectura de hardware, co obxectivo de deseñar un superordenador avanzado. Entre os investigadores do grupo, atopábanse tamén John Cocke, Brian Randell, Herbert Schorr, Ed Sussenguth ou Fran Allen, entre outros. No proxecto de Sistemas de Computacións Avanzados (ACS, polas siglas en inglés) inventouse a xestión xeneralizada dinámica de instrucións.[3]

Transición de xénero[editar | editar a fonte]

Tras coñecer os avances pioneiros de Harry Benjamin no eido da saúde para mulleres trans, Conway decidiu contactar con el para iniciar a súa cirurxía de afirmación de xénero. Naquela época, a científica sufría unha grave depresión a causa da disforia de xénero. Benjamin prescribiulle un tratamento hormonal, iniciando a súa transición.[4]

Conway, casada e con dous fillos, non puido seguir en contacto con estes a causa da lexislación da época.[4] Ademais, foi despedida por IBM en 1968, tras revelar a súa intención de cambiar de xénero.[5] A empresa non se desculparía publicamente até o 2020.[6]

Carreira profesional[editar | editar a fonte]

Despois de completar a súa transición en 1968, Conway foi programadora informática en Computer Applications, Inc.; entre 1969 e 1972, traballou en Memorex como deseñadora de sistemas dixitais.[4][5]

En 1973, comezou a traballar en Xerox PARC como xefa do equipo de sistemas LSI (Integración a grande escala, polas siglas en inglés), baixo a dirección de Bert Sutherland.[7][8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Boyd, Helen (2024-06-11). "Lynn Conway: Trans Icon and Pioneer, 1938 – 2024". (en)gender (en inglés). Consultado o 2024-06-11. 
  2. Kilbane, Doris (2003-10-20). "Lynn Conway: A Trailblazer On Professional, Personal Levels". Electronic Design (en inglés). Consultado o 2024-06-11. 
  3. "Lynn Conway". web.archive.org. 2015-01-03. Consultado o 2024-06-11. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Hiltzik, Michael A. (2012-10-15). "Through the Gender Labyrinth - Los Angeles Times". web.archive.org (en inglés). Consultado o 2024-06-11. 
  5. 5,0 5,1 Conway, Lynn (2012-12). "Reminiscences of the VLSI Revolution: How a Series of Failures Triggered a Paradigm Shift in Digital Design". IEEE Solid-State Circuits Magazine (en inglés) 4 (4): 8–31. ISSN 1943-0582. doi:10.1109/MSSC.2012.2215752. 
  6. Alicandri, Jeremy. "IBM Apologizes For Firing Computer Pioneer For Being Transgender...52 Years Later". Forbes (en inglés). Consultado o 2024-06-11. 
  7. Goldberg, Adele J. (1980-09-01). "About This Issue…". ACM Computing Surveys 12 (3): 257–258. ISSN 0360-0300. doi:10.1145/356819.356820. 
  8. Walker, Rob (1992). Silicon Destiny: The Story of Application Specific Integrated Circuits and LSI Logic Corporation (en inglés). Walker Research Associates. ISBN 978-0-9632654-0-1. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]