Lysandra bellargus
Lysandra bellargus | |||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Polyommatus bellargus (macho) | |||||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||||||
|
A Polyommatus bellargus é unha especie de bolboreta da familia Lycaenidae natural da rexión paleártica.[1]
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]A súa área de distribución inclúe Europa (occidente, centro e sur), Turquía, Iraq, Irán, o sur de Rusia, Cáucaso, e Transcaucasia.[2]
Descrición
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/21/Polyommatus_bellargus_2601.jpg/240px-Polyommatus_bellargus_2601.jpg)
É unha bolboreta pequena, cunha envergadura duns 17 mm. O corpo é peludo e firme. Esta especie de bolboretas ten un dimorfismo sexual moi evidente, posto que, mentres que as ás dos machos son de coloración azul ceo con reflexos metálicos, as das femias son marróns. Á cara inferior, a coloración, dunha cor beige clara con manchas pequenas, é moi parecida nos dous sexos.
Bioloxía
[editar | editar a fonte]A eiruga desta especie é moi pequena e soamente alcanza 14 mm de lonxitude máxima. Aliméntase principalmente das follas da planta herbácea Hippocrepis comosa, da familia das papilionacias, de follas pinnaticompostas, flores amarelas e froito constituído por segmentos en forma de ferradura e con curvas, propia dos páramos e dos prados secos.
As eirugas teñen unha característica moi curiosa, a mirmecofilia, fenómeno de relación simbiótica con formigas, neste caso, dos xéneros Myrmica, Lasius, Tapinoma e Plagiolepis.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Polyommatus bellargus (Rottemburg, 1775)". Catalogue of Life. 30 de xullo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2016. Consultado o 20 de agosto de 2015.
- ↑ "Polyommatus Latreille, 1804; Polyommatus bellargus (Rottemburg, 1775)". Lepidoptera and some other life forms. Consultado o 20 de agosto de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Lysandra bellargus. EOL