Mámoa de Xirazga
Aparencia
A mámoa de Xirazga é un monumento megalítico situado na carballeira de Santo Domingo, na parroquia de Xirazga do concello de Beariz, pertencente á provincia galega de Ourense.[1]
Considerada como a mámoa mellor coidada da Comarca do Carballiño, sinalizouse e limpouse no ano 2003.[2]
Descrición
[editar | editar a fonte]Túmulo de pedras e terra con cráteres de violación duns 7 metros de diámetro e uns 150 centímetros de profundidade que pode chegar ao paleochan da mámoa.
Presenta dous cantos in situ e dous desprazados.
Podería ter tamén unha posible cámara poligonal cun corredor para o seu acceso.[2]
Ten unha superficie de 269 metros cadrados e unha altura de 195 centímetros.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "BEARIZ.ORG". Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2019. Consultado o 15 de xullo de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 Lamas Bértolo, Jorge (2017). Cemiterios esquecidos (en Gallego). p. 81.