Márta Mészáros
Márta Mészáros, nada en Budapest o 19 de setembro de 1931 é unha guionista e directora de cinema húngara. Filla do escultor László Mészáros, comezou a súa carreira nos documentais, dirixindo vinte e cinco curtametraxes deste xénero durante dez anos.[1] O seu debut na longametraxe, Eltavozott nap (1968), foi o primeiro filme húngaro dirixido por unha muller,[2] e gañou o premio especial do xurado do Festival Internacional de Cinema de Valladolid.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos e educación
[editar | editar a fonte]Nada en Budapest, Mészáros pasou os primeiros dous anos da súa vida na Unión Soviética, onde emigraran os seus pais como artistas comunistas en 1936. Mentres estaban aló, o seu pai, László Mészáros, foi arrestado e asasinado en 1938 baixo o réxime stalinista e a súa nai morreu dando a luz.[4] Orfa, Mészáros foi criada pola súa nai adoptiva na Unión Soviética, onde acudiu á escola. Tras volver a Hungría en 1946, Mészáros volveu a Moscova para estudar no VGIK, volvendo de novo a Hungría trala súa graduación en 1956.
Carreira
[editar | editar a fonte]Mészáros comezou a traballar no Budapest Newsreel Studio en 1954 onde realizou catro curtametraxes, e logo para o estudio de documentais de Alexandru Sahia en Bucarest entre 1957 e 1959. Volveu entón a Budapest en 1958 para dirixir curtametraxes para popularizar a ciencia e curtametraxes documentais ata 1968.[5] Nese momento, Mészáros foi a primeira muller directora de Hungría que realizou unha longametraxe.[6] Na década de 1980, dirixiu a súa serie filmes semiautobiográficos "Diario", que tivo un grande impacto no cinema de Hungría a causa do seu retrato do goberno e das súas experiencias individuais pasadas.[7] Tivo conflitos coa censura húnara e estableceuse como unha voz íntegra do cinema do seu país.[6] Dende o seu debut en 1968, dirixiu máis de cincuenta filmes, gañou numerosos premios e foi membro de varios xurados cinematográficos.
Legado
[editar | editar a fonte]Os filmes de Mészáros son relexos de moitas maneiros das súas experiencias de crecemento e a súa loita con asuntos relevantes na súa vida. Tras perder os seus pais moi nova e pasar gran parte da súa mocidade vivindo na Hungría post-stalinista, a vida de Mészáros estivo chea de traxedia e opresión, e os seus filmes reflicten ese feito. Ademais, como pasou os primeiros filmes como cineasta traballando en documentais, moitos das súas longametraxes conteñen escenais documentais. A maioría dos seus filmes teñen un final aberto, carecen de argumento convencional e os diálogos son escasos.
No aspecto do contido, os seus filmes exploran os amplos e moitas veces tráxicos saltos entre os ideais e a realidade, e entre os pais e os seus fillos. Nos filmes de Mészáros aparecen realidades habitualmente ignoradas no cinema de Europa oriental: a subordinación das mulleres, os conflitos das culturas urbanas e rurais, o antagonismo entre a burocracia e os seus empregados, o alcoholismo, o salto xeracional, a disolución das estruturas familiares tradicionais e os apuros dos nenos criados polo estado.
Mészáros é unha muller cineasta que consistentemente realiza filmes con éxito tanto crítico como comercial para un público internacional. Os oito filmes que dirixiu entre 1968 e 1979 teñen que ver coa opresión social, as limitacións económicas e os desafíos emocionais vistos polas mulleres húngaras. Nas súas propias palabras, "eu conto historias banais e comúns, e entón nelas as protagonistas son mulleres... eu retrato as cousas dende un ángulo feminino".
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Mészáros casou co cineasta László Karda en 1957, mais divorciáronse en 1959 e en 1960 casou co guionista e director de cinema húngaro Miklós Jancsó, a quen coñeceu durante a súa etapa con Mafilm Group 4.[8] Aínda que se divorciaron en 1973, os seus dous fillos, Nyika Jancsó e Miklós Jancsó Jr., traballaron de forma diferente como directores de fotografía de moitos dos seus filmes.[9] Posteriormente, casou co actor polaco Jan Nowicki, do que se divorciou en 2008. Nowicki protagonizou moitos dos seus filmes, incluído The Unburied Dead. O fillo que este tivo nunha relación anterior, Łukasz Nowicki, protagonizou o filme Kisvilma. Mészáros tamén ten unha filla, Kasia Jancsó, do seu segundo matrimonio.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Directora | Guionista |
---|---|---|---|
1968 | Eltavozott nap | Si | Si |
1969 | Holdudvar | Si | Si |
1970 | Szép lányok, ne sírjatok! | Si | Non |
1973 | Szabad lélegzet | Si | Si |
1973 | Szeptember végén (telefilme) | Si | Non |
1975 | Örökbefogadás | Si | Si |
1976 | Kilenc hónap | Si | Si |
1977 | Ők ketten | Si | Si |
1978 | Olyan mint otthon | Si | Si |
1979 | Útközben | Si | Si |
1980 | Örökség | Si | Si |
1981 | Anna | Si | Si |
1983 | Délibábok országa | Si | Non |
1984 | Napló gyermekeimnek | Si | Si |
1987 | Napló szerelmeimnek | Si | Si |
1989 | Bye bye chaperon rouge | Si | Si |
1990 | Napló apámnak, anyámnak | Si | Si |
1992 | Edith és Marlene (telefilme) | Si | Non |
1994 | A magzat | Si | Si |
1996 | A hetedik szoba | Si | Si |
1998 | Három dátum | Si | |
1999 | A Szerencse lányai | Si | Si |
2000 | Kisvilma - Az utolsó napló | Si | Si |
2004 | A temetetlen halott | Si | Si |
2009 | Utolsó jelentés Annáról | Si | Si |
2011 | Ármány és szerelem Anno 1951 (telefilme) | Si | Si |
2017 | Aurora Borealis | Si | Si |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Martineau, Barbara Halpern. "The Films of Márta Mészáros or the Importance of Being Banal". JSTOR 1211850.
- ↑ Quart, Barbara Koenig. "Screen Memories The Hungarian Cinema of Márta Mészáros". JSTOR 1212935.
- ↑ Hordiichuk, Iryna. "Márta Mészáros: Happiness is Being Strong Enough to Fight for Yourself, and to be Cruel at Times". day.kiev.ua. Consultado o 30 de abril de 2012.
- ↑ Horton, Andrew James. "Ordinary Lives in Extraordinary Times – Márta Mészáros Interviewed." Senses of Cinema. 15 de decembro de 2010. Consultado o 16 de novembro de 2018. http://sensesofcinema.com/2002/feature-articles/meszaros/.
- ↑ Gianoulis, Tina. "Mészáros, Márta". filmreference.com. Consultado o 30 de abril de 2012.
- ↑ 6,0 6,1 “Márta Mészáros: Celebrating the Career of the Pioneering Hungarian Director.” 2017. The Calvert Journal. 20 de xuño de 2017. https://www.calvertjournal.com/articles/show/8387/marta-meszaros-celebrating-career-trailblazing-hungarian-director.
- ↑ "Marxist Govt Invites Anti-Stalin Director to Centre Stage." Indian Express, Nov 10, 2009. https://search.proquest.com/docview/238333339
- ↑ "Marta Meszaros Biography (1931-)". filmreference.com. Consultado o 30 de abril de 2012.
- ↑ Maslin, Janet. "NY Times.com: Just Like Home". nytimes.com. Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2008. Consultado o 2010-01-31.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Quart, Barbara.Three Central European Women Directors Revisited. Cineaste 19.4 (1993): 58. Academic Search Complete. Web. 30 de abril de 2012.
- Parvulescu, Constantin. Betrayed Promises: Politics And Sexual Revolution In The Films Of Márta Mészáros, Miloš Forman And Dušan Makavejev. Camera Obscura 24.71 (2009): 77-105. Academic Search Complete. Web. 30 de abril de 2012. [1]
- Dixon, Wheeler Winston. A Personal/Political Artist: Marta Meszaros. Literature Film Quarterly 23.4 (1995): 293. Academic Search Complete. Web. 30 de abril de 2012.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Mészáros, Márta, Film Reference.com's Biography of Márta Mészáros
- Ordinary Lives in Extraordinary Times, entrevista en Senses of Cinema (2002)
- Central Europe Review, interview about Kisvilma – Az utolsó napló (Little Vilma: The Last Diary)
- I'm for Liberal, Social Democracy: Marta Meszaros Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine., entrevista en Economic Times (2009)
- Film: Márta Mészáros's, Diary for my Children
- Márta Mészáros: Happiness is Being Strong Enough to Fight for Yourself and be Cruel at Times, traducido dunha entrevista de 2010 con The Day, xornal de Kiev
- Márta Mészáros: Lies do not Like, traducido dunha entrevista con Viva!
- Adnotated Bibliography