Márta Svéd
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1909 |
Morte | 30 de setembro de 2005 (95/96 anos) |
Causa da morte | doenza |
Educación | Universidade de Adelaide (pt) - Doutora en filosofía (–1985) Universidade Eötvös Loránd (–década de 1930) |
Director de tese | Louis (Rey) Reynolds Antoine Casse (en) |
Actividade | |
Ocupación | matemática |
Empregador | Universidade de Adelaide (pt) |
Márta Svéd (1910 – 30 setembro 2005) foi unha matemática húngara que marchou a Australia na década de 1930 e chegou a ser profesora de matemáticas na Universidade de Adelaida. Tiña 75 anos cando completou o seu doutoramento en 1985. Escribiu o libro Journey into Geometries (1991), e gañou o Premio BH Neumann en 1994 polas súas contribucións ao ensino das matemáticas en Australia.
O seu nome de solteira era Márta Wachsberger.[1] Tamén pode aparecer como Wachsberger Márta, pois en húngaro escríbese primeiro o apelido.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Márta Svéd foi compañeira de clase no instituto en Budapest de Esther Klein.[3] [4] Interesouse polas matemáticas a través da Középiskolai Matematikai Lapok (KöMaL), unha revista húngara para secundaria, e pola súa columna de resolución de problemas, onde Paul Erdős era tamén un contribuidor habitual.[5][4]
Obtivo o terceiro posto no seu ano na competición nacional húngara de matemáticas para institutos, por diante de Pál Turán pero detrás do seu futuro marido, o enxeñeiro civil George Svéd.[4] Debido ás restricións impostas aos xudeus en Hungría a finais dos anos 20, só dúas estudantes da a súa clase poderían estudar ciencia ou matemáticas na universidade en Budapest; Márta escolleu a opción de matemáticas, mentres que Esther Klein estudou física.[3]
Svéd e o seu marido marcharon a Australia en 1939 e tiveron un fillo e unha filla. Chegou a ser a directora do departamento de matemáticas na Wilderness Eschool, un instituto feminino privado de Adelaida, e nese mesmo ano axudou a fundar a primeira revista de matemáticas de secundaria de Australia .[4]
A súa vella amiga Klein, mentres, casara co matemático George Szekeres, quen fuxiron de Europa para Shanghai; despois de que a II de Guerra Mundial finalizara, as familias Szekeres e Svéd compartiron un pequeno apartamento en Adelaida.[3]
Svéd Morreu o 30 setembro 2005, dous días despois da morte dos seus amigos, George e Esther Szekeres, quen morreran cunha diferenza dunha hora despois dunha vida xuntos.[6][7]
Contribucións
[editar | editar a fonte]En 1985, Svéd completou o doutoramento na Universidade de Adelaida, aos 75 anos.[8][4] A súa disertación, On finite linear and Baer structures, trataba sobre xeometría finita, e foi supervisada por Rey Casse.[4][8] O seu libro de 1991, Journey into Geometries (MAA Spectrum), foi descrito polo crítico David A.Thomas como un "Alicia no país das marabillas" viaxando por unha xeometría non euclidiana, escrito en forma dialogada.[9]
Svéd publicou postumamente Two Lives and a Bonus (Peacock Publications, 2006) documentando a súa vida en Budapest.[6]
Premios e honras
[editar | editar a fonte]Svéd gañou o Premio BH Neumann Premio da Australian Mathematics Trust en 1994. O premio destacaba a súa contribución ao florecemento de competicións de matemáticas en Australia e o éxito de Australia nas competicións de matemáticas internacionais.[4]
A Universidade de Adelaida ofrece unha bolsa para mulleres matemáticas co seu nome para honrar a memoria de Svéd.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Esther Szekeres y Márta Svéd, unidas por las matemáticas y una larga amistad".
- ↑ "Hungarian names".
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Cowling, Michael (7 November 2005). A world of teaching and numbers – times two. The Sydney Morning Herald. (obituary of George and Esther Szekeres)
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 BH Neumann Award citation. Australian Mathematics Trust. Consultado o 6 April 2018.
- ↑ Schechter, Bruce (2000). My Brain is Open: The Mathematical Journeys of Paul Erdős. Simon and Schuster. p. 55. ISBN 9780684859804.
- ↑ 6,0 6,1 George Sved (1910–1994) & Marta Sved (1911?– 2005) Papers 1937–1995. University of Adelaide Rare Books & Special Collections. Consultado o 6 April 2018.
- ↑ Bulletin of the Institute of Combinatorics and Its Applications, Volumes 46–48. 2006. p. 4.
We regret to announce the loss of our three senior ICA members in Australia. George and Esther Szekeres died within an hour of one another, and Marta Sved died two days later. All were in their mid-nineties.
- ↑ 8,0 8,1 Márta Svéd no Mathematics Genealogy Project.
- ↑ Reviews of Journey into Geometries:
- ↑ Marta Sved Scholarship (PDF). University of Adelaide. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de abril de 2018. Consultado o 6 April 2018.