Método para a lipofuscina
O método para a lipofuscina é unha técnica para a demostración deste pigmento, creado polo AFIP (Instituto de patoloxía das Forzas Armadas dos Estados Unidos).
A lipofuscina é un pigmento marrón dourado formado nos lisosomas de células que sofren auto oxidación progresiva e prolongada de lípidos insaturados. Este pigmento tende a se acumular nas células (nos lisosomas, coma un pigmento en gran de café claro, localizado preto do polo nuclear da célula) cun metabolismo elevado, coma neuronas, epitelio tiroide e tecido muscular, particularmente cardíaco, e aparece sobre todo co avellentamento en casos de deficiencia de vitamina D. Está composto de lipoproteínas, e a súa acumulación nun tecido denomínase lipofucsinosis ou atrofia parda.
Tecido control e diana[editar | editar a fonte]
Os órganos mais afectados son: corazón, fígado e sistema nervioso. O fixador tisular óptimo é o formol 10%, o medio de inclusión preferible é a parafina, e o grosor de corte ideal é de 6 micrómetros.
Reactivos[editar | editar a fonte]
- Solución de Carbolfuscina de Kinyoun (filtrar antes de usar):
- 4gr Fucsina básica
- 8gr Fenol (ácido carbólico) en cristais derretidos
- 20cc Alcohol etílico ó 95%
- 100cc Auga destilada
- Solución alcohólica ácida ó 1%:
- 1cc Ácido Clorhídrico
- 99cc Etanol ó 70%
- Solución acuosa de ácido pícrico:
- 2gr Ácido pícrico
- 100cc Auga destilada
Procedemento[editar | editar a fonte]
- desparafinar e hidratar as láminas até chegar á auga destilada.
- colorear coa solución de carbolfuscina durante unha hora.
- enxaugar con auga destilada, varias veces.
- diferenciar coa solución de alcohol ácido, mergullando as láminas de 5 a 6 veces, ou até que as seccións tornen dunha cor rosada pálida.
- lavar con auga corrente durante 5 minutos e logo enxaugar con auga destilada.
- contrastar coa solución de ácido pícrico por 1 minuto aproximadamente.
- deshidratar e aclarar co alcohol etílico ó 95 %, alcohol etílico absoluto e xileno, 2 veces cada un, 2 minutos cada un.
Resultados[editar | editar a fonte]
- Lipofuscina: vermello.
- Fondo: amarelo.
Os pigmentos amosan unha cor parda fluorescente na luz ultravioleta.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- ARP, ed. (1992). Métodos Histotecnolóxicos. Instituto de patoloxía das Forzas Armadas dos EUA (AFIP).