Saltar ao contido

Mónica Bello

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMónica Bello
Nome orixinal(es) Mónica Bello Bugallo Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de novembro de 1973 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela - estudo da historia da arte Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador da arte , comisaria de arte Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor en Wikidata

BNE: XX5006025

Mónica Bello Bugallo, nada en Santiago de Compostela en 1973, é unha comisaria e historiadora de arte española.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela,[1] a súa actividade investigadora céntrase na relación entre arte, ciencia e tecnoloxía,[1] así como na maneira en que os artistas impulsan novas conversacións en torno aos fenómenos emerxentes da nosa sociedade e da nosa cultura, como o papel da ciencia e o novo coñecemento na percepción da realidade.[2]

En 2004 comisariou a primeira mostra de bioarte titulada Organismos e que visitou La Casa Encendida (Madrid) e o Espai Cultural Caixa Madrid en Barcelona.[1] Desde 2005, e xunto con Ulla Taipale, comisariou Días de Bioarte, no Centro de Arte Santa Mónica de Barcelona, así como o desenvolvemento dos proxectos NEURÓTICA e Res-Qualia de investigación en arte/ciencia.[1]En 2007 puxo en marcha e dirixiu o Departamento de Educación de Laboral Centro de Arte e Creación Industrial (Xixón) ata 2010.[2] Despois ocupou o cargo de directora artística dos Premios VIDA (2010-2015) na Fundación Telefónica (Madrid), un galardón pioneiro que fomentou as expresións transculturais ao redor da idea da vida e do que se celebraron dezaseis edicións.[2] Desde 2019 dirixE Arts at CERN dentro do Centro Europeo para a Investigación Nuclear (CERN) de Xenebra, onde se ocupa das residencias artísticas orientadas á investigación e das novas comisións de arte, que reflexionan sobre as conversacións e a interacción entre artistas e físicos de partículas.[2][3]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Mónica Bello Bugallo se incorpora a LABoral como responsable de programas educativos del centro". Laboral. Centro de Arte y Creación Industrial. 11 de febrero de 2008. Consultado o 23 de noviembre de 2020. [Ligazón morta]
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona, ed. (4 de febrero de 2019). "Mónica Bello". Consultado o 23 de noviembre de 2020. 
  3. "Armin Linke - Instrumentos de Visión". Armin Linke. Consultado o 2024-08-24.