Mónica García Prieto
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1974 (49/50 anos) Badaxoz, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Familia | |
Cónxuxe | Julio Fuentes Serrano (–2001) Javier Espinosa Robles |
Premios | |
| |
Mónica García Prieto, nada en Badaxoz en 1974,[1] é unha xornalista española, reporteira internacional para distintos medios de comunicación españois, recoñecida e galardoada con importantes premios xornalísticos.[2][3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]García Prieto é licenciada en Ciencias da Información, na rama de Xornalismo,[3] aínda que finalizou os dous últimos anos de carreira xa traballando en Italia[4] despois dun tempo de prácticas en distintos medios.
Ao longo de máis de vinte anos foi correspondente en Roma, Moscova, Xerusalén, Beirut e Bangkok[2] e percorreu o mundo como reporteira centrando as súas coberturas na denuncia dos abusos aos dereitos humanos en tempos de guerra e na defensa dos civís.
En 2001, traballando como reporteira para El Mundo, foi enviada a informar sobre a Guerra civil en Macedonia.[5] Traballou en varios conflitos como o levantamento zapatista de Chiapas, a Segunda guerra chechena, a guerra de Xeorxia, as invasións de Afganistán e Iraq e a guerra civil iraquí.
En 2005, cubriu os múltiples ataques contra Gaza no conflito entre Israel e Palestina e, posteriormente, a guerra do Líbano, a guerra de Siria, así como as revoltas da Primavera árabe, entre outros.[6]
Dende 2007, a súa carreira centrouse en Oriente Próximo, Asia Central e o Sueste Asiático.[2] Dende 2015, instalouse en Bangkok e traballa como correspondente freelance para El Mundo, Periodismo Humano e Cuarto Poder.[5][7]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Estivo casada co reporteiro de guerra Julio Fuentes, asasinado na invasión de Afganistán de 2001.[7] A súa parella na actualidade (2018) é Javier Espinosa, xornalista que tamén estivo secuestrado en Siria durante máis de seis meses.[8]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 2005, Premios Dario D'Angelo[2]
- 2011, Premio José María Porquet de Xornalismo Dixital[6]
- 2015, Premio José Couso de Liberdade de Prensa[3][9]
- 2016, Premio Julio Anguita Parrado[5]
- 2017, Premio Cirilo Rodríguez de 2017,[1] onde xa fora finalista en 2011.[2]
Obra
[editar | editar a fonte]- La semilla del odio. De la invasión de Irak al surgimiento del ISIS xunto con Javier Espinosa.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Aurelio Martín (26 de maio de 2017). "Mónica García Prieto gana el ‘Cirilo Rodríguez’ para corresponsales". Consultado o 30 de xuño de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona (ed.). "Mónica García Prieto". (con licenza CC-BY-SA vía OTRS). Consultado o 30 de xuño de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "La reportera Mónica García logra el Premio José Couso por su cobertura del conflicto sirio". 17 de abril de 2013. Consultado o 30 de xuño de 2018.
- ↑ Jordi Pérez Colomer (marzo de 2018). jotdown,es, ed. "Mónica G. Prieto: «Somos primarios, somos primitivos. Somos neandertales con smartphone»". Consultado o 30 de xuño de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Alba, Alfonso (24 de febreiro de 2016). "Mónica García Prieto gana el IX Premio Internacional de Periodismo Julio Anguita Parrado". elmundo.es (en castelán). Consultado o 19 de maio de 2021.
- ↑ 6,0 6,1 periodismohumano.com (ed.). "Mónica García Prieto". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2018. Consultado o 30 de xuño de 2018.
- ↑ 7,0 7,1 Antonio J. Armero (27 de marzo de 2017). hoy.es, ed. "El periodismo en la maleta". Consultado o 30 de xuño de 2018.
- ↑ Cadena SER, ed. (7 de abril de 2016). "Mónica García Prieto, el periodismo notario de la Historia". Consultado o 30 de xuño de 2018.
- ↑ EFE (9 de maio de 2013). "Mónica García Prieto reivindica la "regeneración" del periodismo". eldiario.es (en castelán). Consultado o 19 de maio de 2021.
- ↑ Sahagún, Felipe (1 de setembro de 2017). "La semilla del odio: De la invasión de Irak al surgimiento del ISIS". elcultural.com (en castelán). Consultado o 19 de maio de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mónica García Prieto |