Músculo psoas maior
O psoas maior é un músculo do membro inferior.
Características
[editar | editar a fonte]Orixínase na parede abdominal posterior e descende cara á parte superior do compartimento anterior da coxa a través da metade lateral do espazo existente entre o ligamento inguinal e o óso pélvico. Durante o seu traxecto discorre xunto co músculo ilíaco. A pesar de que os músculos ilíaco e psoas maior teñen unha orixe independente, únense formando un único tendón de inserción no trocánter menor do fémur. Á unión destes dous músculos denomínaselle músculo psoas-ilíaco.
Función
[editar | editar a fonte]O psoas-ilíaco é un potente flexor da coxa na articulación da cadeira. Tamén contribúe á rotación lateral da coxa.
Vascularización
[editar | editar a fonte]Procede dunha póla da arteria iliolumbar.
Innervación
[editar | editar a fonte]O psoas maior está innervado por pólas das pólas anteriores de L1 a L3. O ilíaco por pólas do nervio femoral no abdome.