M-100
M-100 | |
---|---|
país de orixe | Unión Soviética[1] |
Tamaño | |
altura | 8,34 m[1] |
diámetro | 0,25 m máximo[1] |
masa | 475 kg[1] |
Etapas | 2[1] |
Lanzamento históricos | |
Estado | Retirado[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
M-100 foi un foguete sonda soviético de propelente sólido desenvolvido a finais dos anos 1950 e formado por dúas etapas.[1]
Características
[editar | editar a fonte]M-100 foi o foguete sonda máis lanzado da Historia, estimándose que se lanzaron unhas 6640 unidades entre 1957 e 1993, ano en que debido ao afundimento da Unión Soviética deixou de usarse. O foguete non tiña sistema de guiado e estabilizábase mediante aletas. A versión básica podía levar 15 kg de carga a unha altura de 90 km. Tiña unha lonxitude de 8,34 m, un diámetro de 25 cm e unha masa total de 475 kg. Usábase para facer medicións meteorolóxicas. Unha versión mellorada, o M-100B, foi usado conxuntamente con foguetes americanos Super Loki-Dart, británicos Skua e franceses Super Arcas para calibrarse mutuamente e integrarse na Rede Mundial de Foguetes Meteorolóxicos.[1]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: M-100 |