Super Arcas
Aparencia
Super Arcas | |
---|---|
país de orixe | Estados Unidos[1] |
Tamaño | |
altura | 2,70 m[1] |
diámetro | 0,11 m máximo[1] |
masa | 43 kg[1] |
Etapas | 1[1] |
Lanzamento históricos | |
Estado | Retirado[1] |
Super Arcas foi un foguete sonda estadounidense de propelente sólido desenvolvido nos anos 1960 e formado por unha soa etapa.[1]
Características
[editar | editar a fonte]Super Arcas foi unha versión mellorada do foguete sonda Arcas cun tempo de ignición de ata 40 segundos. Era capaz de enviar 4 kg de carga útil a 100 km de altura ou 8 kg a 40 km. Foi usado como foguete sonda meteorolóxico para obter datos das capas altas da atmosfera.[1]