Manuel Pardo de Andrade
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de novembro de 1760 Xaz, España |
Morte | 5 de maio de 1823 (62 anos) Francia |
Causa da morte | cólera |
Actividade | |
Ocupación | escritor, sacerdote |
Descrito pola fonte | Diciopedia do século 21 Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Enciclopedia Galega Universal |
Manuel Pardo de Andrade, nado no pazo de Xaz (Dorneda, Oleiros) o 21 de novembro de 1760 e finado en Francia en maio de 1832, foi un intelectual liberal e crego coñecido polos seus escritos tanto literarios como xornalísticos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era o segundo fillo dunha familia fidalga. Testemuño directo da decadencia do Antigo Réxime, Pardo de Andrade foi un liberal convicto.
Desenvolveu un importante labor na prensa durante a guerra contra o francés (1808-1814) e a época posterior a esta. Foi moi coñecido polos seus ideais anti-inquisitoriais, os cales aparecen reflectidos na súa obra máis coñecida, o seu poema en romance Os rogos dun gallego, publicado de forma anónima en 1813 por Valentín de Foronda e xa posteriormente co nome do autor.[1] En 1841 saíu unha edición na Coruña co título de Rogos de un escolar gallego á Virxê do Bo Acerto para que libre a Terra da Inquisición.[2]
En 1814, coa chegada de Fernando VII ao trono español, caeu na obriga de exiliarse en Francia. Volveu á Coruña en 1820, coa instauración do Trienio liberal. Mais en 1823, após a intervención dos Cen Mil Fillos de San Luís e do restablecemento do absolutismo, tivo que regresar a Francia, onde morreu en 1832.
Biblioteca virtual
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Pardo de Andrade, Manuel". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 64.
- "Pardo de Andrade, Manuel". Diciopedia do século 21 3. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1574. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Pardo de Andrade, Manuel". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Carballo Calero, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. ISBN 84-7154-227-7.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 25.
- Dobarro, X. M.; et al. (2005). "Pardo de Andrade, Manuel". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 314. ISBN 84-7492-465-0.
- Saurín de la Iglesia, M. R. (1991). Manuel Pardo de Andrade y la crisis de la Ilustración (1760-1832). A Coruña: Autoedición.
- Tarrío Varela, A. (1994). Literatura galega. Vigo: Xerais. p. 99.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Papeis condenados textos publicados en lingua galega no pregaleguismo [1]. Consello da Cultura Galega.